Como chegar e aloxamento

Cómo chegar a Boiro

En coche

ITBS nas fragas do Eume

Boiro é o punto de saída e chegada este ano dos 100 dos International Trekkers.  Boiro está comunicado por unha autovía dende Padrón (Vr-G11), a onde chega a Autoestrada do Atlántico.

Tempos medios de chegada a Boiro en coche, segundo Google Maps:

  • Dende Coruña: 122 km, 1 h 13 min.
  • Dende Santiago de Compostela: 54 km, 40 min.
  • Dende Vigo: 79 km, 56 min.
  • Dende Ourense: 149 km, 1h 30 min.
  • Dende Lugo: 165 km, 1h 50 min.
  • Dende Madrid: 645 km, 6 horas

En transporte público

O mellor xeito de chegar a Boiro é mediante autobús, dende Padrón ou Santiago. A compañía que realiza este servizo é Arriva Noroeste.  Os autobuses paran na estación de autobuses de Santiago, ou próximos á estación de trens. Tamén paran na estación de autobuses de Padrón, que está a un paseo de 5 minutos da estación de tren.  Os horarios pódelos atopar nesta páxina en PDF.

Dende outras localidades pódese chegar en autobús, tren ou avión a Santiago, que é a cidade de referencia, e alí coller o autobús ata Boiro.

Aloxamento

Nas seguintes páxinas podes atopar información turística dos diversos concellos: