Descripción da 4ª sección: Km 80,2 – Km 100

[Ver 3ª sección, REGO DE TÁLLARA – MOLDES]

A cuarta -e última- sección dos 100 dos International Trekkers é a máis doada, xa que apenas ten subidas, percorre a costa,e fai un fermoso colofón á camiñata que vimos facer.  Empeza ós 164 msm e remata no mesmo punto do que saímos 100km antes, a 28msm.

  • Quilómetros totais: 19,8 km
  • Punto máis alto: 164 msm
  • Punto máis baixo: 0 msm
  • Ascenso total acumulado: 402 metros
  • Descenso total acumulado: 538 metros
  • Quilómetros de asfalto: 6,4 km
  • Quilómetros de camiño de terra, sendeiros e beirarrúas: 13,4 km
  • Concellos: A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

Descripción detallada:  (primeiro se mostra o km parcial da etapa, posteriormente entre corchetes o km acumulado dende o inicio dos 100 dos ITBS)

  • 0,0 km [80,2]  6º AVITUALLAMENTO (FORTE) de Moldes (líquidos, comida quente, bocadillos, froitos secos, barras enerxéticas, froita). 164 msm.
  • 0,0 – 2,4 km. [80,2-82,6]  Descenso suave e paulatino por camiños de terra ata os 43 msm. Pásase, no km. 81,6 por un túnel, a autovía do Barbanza.
  • 2,4 – 2,5 km. [82,6-82,7]  Por unha pista asfaltada achegámonos a un desvío á esquerda.
  • 2,5 – 2,9 km. [82,7-83,1]  Seguindo un camiño de terra desembocamos nun cruce. Seguimos de fronte.
  • 2,9 – 3,7 km. [83,1-83,9]  Seguimos descendendo levemente por unha pista asfaltada ata chegar á praia da vila de Palmeira.
  • 3,6 km [83,8]  ATENCIÓN.  Paso, por un paso de peóns, da estrada comarcal, á altura de Palmeira. PRECAUCIÓN.
  • 3,7 – 6,0 km. [83,9-86,2]  Por pistas de terra, andamos paralelos á costa, primeiro a carón da Praia da Corna, e logo por diante da Praia da Illa ou da Laxe.
  • 6,0 – 7,5 km. [86,2-87,7]  Percorremos a praia da Lombiña – Cabío polo paseo marítimo, en parte baldosa e en parte madeira.
  • 7,5 – 8,0 km. [87,7-88,2]  Por un sendeiro e logo unha pista de terra descendemos de novo ó nivel do mar, ata a Punta Golfiña.

    4tramo_praialadinha

    Praia Ladiña. Foto de Solopisadas

  • 8,0 – 8,2 km. [88,2-88,4]  Atravésase a praia Ladiña.  ATENCIÓN. Consultar o nivel da marea, malia que non se prevén problemas para pasar por este punto en ningún momento da proba.
  • 8,2 – 9,1 km. [88,4-89,3]  Por pistas de terra, primeiro a carón do mar, e logo a rentes dunha muralla que limita o castro de Punta Ostreira, subimos lixeiramente ata a aldea de Cabío (43 msm)
  • 9,1 – 9,7 km. [89,3-89,9]  Por pistas asfaltadas baixamos de novo ata o nivel do mar, na igrexa do Xobre. ATENCIÓN ó ir pola estrada.
  • 9,7 – 11,5 km. [89,9-91,7]  Polo paseo marítimo da Pobra do Caramiñal, primeiro cruzando o río Xunqueiras, e logo polo Paseo dos Areos, pasamos a nivel de mar por diante de toda a fachada da Vila cara o mar, ata chegar ó último avituallamento en camiño.
  • 11,5 km. [91,7]  A Covecha, na Pobra do Caramiñal.  7º AVITUALLAMENTO  (LIXEIRO) (líquidos, barras enerxéticas, froita, froitos secos).
  • 11,5 – 12,9 km. [91,7-93,1]  Por pistas asfaltadas súbese ata os 25 msm, para logo cruzar o río Pedras en Portocarro.  Báixase na Crocha de Poniente ata chegar ó río Lérez, que se cruza por unha ponte peonil. Crúzase a estrada e nos achegamos ata Punta Saleira onde volvemos a estar na beiramar, a rentes dunha factoría de conservas.
  • 11,6 km. [91,8]  ATENCIÓN.   Paso, por un paso de peóns, da estrada comarcal.
  • 12,6 km. [92,8]  ATENCIÓN.   Cruce perigoso da estrada comarcal, sen paso de peóns.  COIDADO.
  • 12,6 – 14,3 km. [93,1-94,5]  Por sendeiros, avánzase por pinares próximos á beiramar ata o Priorato da Mercé, onde se empata coa estrada comarcal.
  • 14,3 – 14,5 km. [94,5-94,7]  ATENCIÓN.  Cómpre percorrer douscentos metros pola estrada comarcal. COIDADO.  A beirarrúa está a man esquerda.
  • 14,5 – 15,2 km. [94,7-95,4]  Por pistas asfaltadas achegámonos ata Punta Toxal.
  • 15,2 – 15,4 km. [95,4-95,6]  Atravesamos a praia de Punta Toxal.  ATENCIÓN. Consultar o nivel da marea, malia que non se prevén problemas para pasar por este punto en ningún momento da proba.
  • 15,4 – 16,3 km. [95,6-96,5]  Por pistas asfaltadas volvemos entrar no concello de Boiro polo núcleo de Escarabote.
  • 16,3 – 16,9 km. [96,5-97,1]  Achegámonos, polo paseo marítimo de Escarabote ata o Porto de Escarabote.
  • 16,9 – 17,5 km. [97,1-97,7]  Portos mariñeiro e deportivo de Escarabote. Por rúas asfaltadas chégase ata a longa Praia de Barraña.
  • 17,5 – 18,8 km. [97,7-99,0]  Paseo marítimo de Praia Xardín e Praia de Barraña. Abandónase a costa para virar á esquerda cara o centro de Boiro.
  • 18,8 – 19,8 km. [99,0-100,0]  Polas rúas de Boiro e a Praza da Mancomunidade, chegamos ó punto de saída, a Praza do Concello de Boiro.
  • 19,8 km. [100,0] 8º AVITUALLAMENTO (FORTE) de Boiro (líquidos, comida quente, bocadillos, froitos secos, barras enerxéticas, froita).
  • FIN DA PROBA.

Perfiles da 4ª etapa

Perfil etapa 4 con indicación de desniveis

Perfil etapa 4 con indicación de desniveis

Perfil global tramo 4 (Moldes - Boiro)

Perfil global tramo 4 (Moldes – Boiro)

Mapa do cuarto e último tramo (km 80,2-100), entre  a santa de Moldes e a praza do Concello de Boiro

Mapa do cuarto e último tramo (km 80,2-100), entre a santa de Moldes e a praza do Concello de Boiro