Preguntas habituais

Nesta sección trataremos de dar resposta ás preguntas máis habituais que nos están facendo

PREGUNTAS DE INSCRICIÓN

Canto costa a inscrición?
O custe é de 40€ ata o 28 de febreiro (incluído). A partires do 1 de marzo, o prezo será de 50€

riobeluso-tramo2

Polo río Beluso, nun día de crecida en febreiro

Onde me podo inscribir e comprobar se estou ben inscrito?
A páxina de inscrición é o único lugar onde te podes inscribir, e pagar mediante a pasarela segura PayPal. Hai unha lista de inscritos actualizada periódicamente.

Pódese pagar por transferencia ou ó contado no día da proba?
Non. Únicamente mediante a pasarela segura PayPal.  Se tes conta en PayPal entra co teu contrasinal e xa pasas directamente á tua conta; se non o tes, cubres o formulario que aparece e pos os datos dunha tarxeta de crédito. Unha vez que se efectua o pagamento, PayPal remítenos unha relación de todos os pagos cos datos do formulario.
O pago con PayPal é totalmente seguro.

Que pasa se me inscribo e logo non podo acudir por algunha razón de forza maior?
En caso de non poder realizar a andaina por causas de forza maior, existen duas posibilidades mentras siga aberto o prazo de inscrición:

* A primeira é que te reservaríamos praza gratuitamente para a andaina do vindeiro ano, sen que tiveses que asumir aumentos no coste (en caso de que os houbese). Simplemente terías que indicarnos que non podes vir pola razón que sexa e que queres que se te cambie a reserva para o 2015.
* A segunda é que, se nolo notificas con antelación, podes ceder a tua praza a outra persoa sen cargo extra. É dicir, que se ti non podes ir por algunha causa de forza maior, pódesnos dicir que outra persoa vai facer a proba utilizando a tua inscrición.

Únicamente no caso de suspensión da proba por causas de forza maior (condicións meteorolóxicas, etc.) devolveranse os cartos ós inscritos.  Só podemos aceptar cambios mentras permaneza aberto o prazo de inscrición.

Como fago se quero inscribir duas persoas?
Tes duas opcións. A primeira, e máis doada, é inscribir ás duas persoas  (pos 2 na cantidade do carriño), e logo nos envías un correo dando os datos da 2ª persoa (nome, correo, idade, teléfono) e o nome do que pagou.

 

PREGUNTAS SOBRE A PROBA

Nunca fixen máis de 50km seguidos, pero as andainas desa distancia fágoas ben. Serei capaz de facela?
Esa era a pregunta que moitos dos ITBS tiñamos o ano pasado cando nos plantexamos facer un piloto. Tiñamos moita experiencia nas andainas de 50km pero non fixeramos ningunha proba de ultrafondo. Para a nosa sorpresa, tras un bo adestramento (varias probas de 50km na primavera, andar todos os días uns 7km nunha hora, alomenos unha vez á semana andar a unha media boa uns 20-25km…), todos fumos quen de rematar a proba. Como quedamos tan contentos foi cando xurdíu a idea de organizala de xeito aberto para que a xente que nunca probou se anime. E a xente que xa ten feito este tipo de probas, que faga esta porque percorre lugares ben diversos e fermosos. Polo tanto as nosas recomendacións para alguén que nunca fixo 100km son: (no caso de que se queira facer andando)

Vista da  Ría de Arousa dende preto da Curota

Vista da Ría de Arousa dende preto da Curota

* Procura andar todos os días a ritmo forte alomenos unha hora (7km). Se tes tempo, vai aumentando progresivamente o tempo.
* Unha vez á semana procura andar entre 15 e 25km, a unh ritmo de entre 5 e 6 km/h
* Fai as andainas de 50km que poidas de marzo, abril e maio (ver a web da Copa Galega de Andainas). Se podes, intenta ir acortando tempos (podes poñer como obxectivo intentar acabar a de Salceda de Caselas, que é un mes antes dos 100km en menos de 9 horas) A de Ferrol xa está moi próxima do 21 de xuño (a semana previa), polo quese cadra é un pouco xusto facela.

Mira en webs como esta ou estoutra para coller ideas e consellos.

O percorrido vai estar marcado?
Totalmente.O percorrido estará sinalizado suficientemente, cunha mistura de cintas, sinais chantados no chan e spray para minimizar a posibilidade de perda. Na zona nocturna tentaremos poñer pintura ou cintas fosforescentes. Ademáis, a partir de principios de xuño poremos na páxina web a posibilidade de descargar os tramos en GPX para podelos cargar en cadanseu GPS.

Hai limitacións de velocidade?
Non hai limitacións de máxima velocidade, pero os controis e avituallamentos pecharán se non se chega a un mínimo de velocidade (aproximadamente 4,5 km/h). Polo tanto, os 100 pódense facer correndo ou andando, pero non vaias demasiado lento, que se non non chegarás en 24 horas.

Hai limitacións de idade?
Non, non hai limitación «por arriba» da idade.  Si, por abaixo, xa que os menores de 18 anos deben estar acompañados sempre por un adulto que se faga responsable. Pero por arriba, non hai límite de idade.

É necesario estar federado pola FGM ou outra Federación?
Non, non pedimos estar federado, malia que sí o recomendamos. En calquera caso, a organización subscribirá un seguro de accidentes para todos os inscritos.

¿Vai haber avituallamentos ou teño que levar comida e bebida comigo?
Vai haber 7 avituallamentos, 4 deles lixeiros  (líquidos, barras enerxéticas, froita, froitos secos, nos km. 13,6, 26,8, 53,1, 67,7 e 90) e 3 fortes (líquidos, comida quente, bocadillos, froitos secos, barras enerxéticas, froita, nos km. 43,5, 80,2 e 100).  Aínda así recomendamos encarecidamente que todo participante leve un contenedor de líquido e algo de comida entre avituallamentos.

¿É necesario levar algo máis?
** OBRIGATORIO:  Contenedor para líquidos, linterna ou frontal, dorsal de competición colocado, gorra ou pano, teléfono móbil con batería e saldo dabondo.
** OPCIONAL, recomendado: manta de emerxencia, luz traseira color bermello, alimentos, chaqueta impermeable con membrana transpirable.

¿Váisenos achegar ata algún punto intermedio algunha bolsa nosa?
Si; na saída vai haber unha furgoneta para deixar bolsas númeradas cos dorsais que se levarán ata os puntos de avituallamento forte (é dicir, os km. 43,5, 80,2 e 100).

A vosa bolsa pode conter o que queirades, sempre que teña un peso e volume razonable. Pódese incluír o material que se necesite: roupa, alimentación, calzado, etc. Se se entrega por exemplo unha bolsa deportiva, tense que meter nunha bolsa que proporcionará a organización cunha pegatina co número de dorsal do participante.

A organización levará a bolsa ata o km. 43,5. Alí os participantes collerán e deixarán o material que desexen. Logo a organización voltará levala ata o km. 80,2 para poñela á dispoción dos participantes, onde de novo collerán e deixarán o material que desexen.  Para finalizar, levarase ata o km. 100.

¿Por que o fixéstedes con ese horario? ¿Non era mellor saír a primeira hora da mañá?

Unha das cousas que debatimos foi a do mellor horario, e atopabamos razóns para uns e outros. Ó final valoramos tres cousas:
1. Queríamos que a parte nocturna non collese ós participantes ó final da ruta, posto que estarán máis cansos e é máis fatigoso andar de noite que de día. De feito, a idea inicial (e tal e como o fixemos nós na edición prólogo de 2013) era que a saída fora ás 6pm.
2. Pretendemos que a maior parte poida finalizar o percorrido de día (cremos que a maior parte fará o percorrido entre 16 e 22 horas, é dicir, que a chegada sería entre as 8 da mañá e as 14h).
3. Tamén tivemos en conta que nun bo número de concellos de Galicia (Santiago, A Coruña, etc.) o martes 24 é festivo (San Xoán), polo que pode ser más doado recuperar tendo un ou dous días libres posteriormente.

Pero ben, para próximas edicións non descartamos que poidamos cambialo.

Trala proba, onde nos podemos lavar e refrescar?

Poremos a disposición dos participantes tres opcións:
1. A marabillosa praia de Barraña (aberta as 24h, a un km. escaso da chegada). O ideal para refrescar os músculos!
2. Duchas no pavillón (abertas todo o tempo)
3. Piscina municipal (de 8h a 14h), a carón do pavillón onde están as duchas.