Meteo – Información meteorolóxica para o 21 de xuño

4gotas

Contratamos un avance de predicción con 4 gotas, para ter o prognóstico máis fiable e localizado. Podes velo en:

http://www.4gotas.com/evento/os-100-dos-international-trekkers-a-primeira-proba-de-100km-24h-de-galicia

Está desglosado en bloques de 4 horas, de tal xeito que de 16h a 24h ofrece información de Boiro (0 msm); de 0h a 8h ofrece o prognóstico a 600 msm, nos altos da Serra do Barbanza; e de 8h a 16h volve a ofrecer a predicción a nivel do mar.  Ten en conta que canto máis nos acheguemos á data do evento, a predicción será máis fiable!

Información lunar e solar

O 21 de xuño é a noite máis corta do ano (8 horas, 40 minutos)

21 de xuño: OCASO: 22:15
22 de xuño: ORTO: 6:56
22 de xuño: MEDIODÍA: 14:35

Fase da lua:  Minguante. Porcentaxe de superficie iluminada: 37%

Andando preto de Cespón, Boiro (2013)

Andando preto de Cespón, Boiro (2013)

Información de mareas

Información para o porto de  Ribeira

Día 21. Baixamar: 18:24 (1,2 metros)
Día 22. Preamar: 00:39 (3,2 metros)
Día 22. Baixamar: 06:57 (1,1 metros)
Día 22. Preamar: 13:20 (3,1 metros)

Máis información na web de Meteogalicia

Información meteorolóxica – Predicción

Aínda é demasiado cedo para coñecer o prognóstico meteorolóxico. Con 15 días de anticipación empezaremos a poñer prognósticos.

Histórico:

  • Temperatura máxima media: 22ºC  (Record: 28º (2003))
  • Temperatura mínima media: 13ºC (Record 10ºC (2008))
  • Precipitación media: 1,7 mm