O percorrido da edición 2014

[info en español]

 

*** Descripción dos 100km paso a paso (documento en PDF) (aquí en español)

Descripción da 1ª etapa (26,8km, Boiro – Hórreo do Araño)
Descripción da 2ª etapa (20,8km, Hórreo do Araño – Tállara)
Descripción da 3ª etapa (32,6 km, Regato de Tállara – Moldes)
Descripción da 4ª etapa (19,8 km, Moldes – Boiro)

Os 100 dos International Trekkers é a primeira camiñata de 100km en Galicia. O itinerario percorre 6 concellos do Barbanza, saíndo de Boiro e pasando por Rianxo, Lousame, Son, Ribeira e A Pobra do Caramiñal, para regresar a Boiro.  O itinerario está especialmente deseñado para poder disfrutar dunhas vistas espectaculares (miradoiros de Castro Barbudo, balconada de Iroite, miradoiro da Curota), camiñar ás beiras de ríos (río Grande, río Te, río Beluso), percorrer praias (Cabío, Barraña), andar a carón de cabalos e vacas salvaxes nos altos da Barbanza, e ir por zonas de valor cultural (castros, petróglifos, mámoas, o hórreo máis grande de Galicia, ou ata 58 cruceiros e petos de ánimas no percorrido).

Na proba piloto que fixemos en xuño de 2013 gustounos especialmente percorrer de noite os chans do Barbanza, vendo iluminadas as rías de Noia e de Arousa, combinar praia e monte e sobre todo a inmensa satisfacción de chegar.

A proba está deseñada para que un andarín que faga sen problemas unha andaina de 50km poida completala. Fará falta algo de preparación, pero é un reto asumible. Non hai grandes desniveles (subida acumulada de 2.417 metros), e a partir do km. 54 xa non hai subidas considerables.  É a proba ideal para que intentes na tua vida poder andar 100km en menos de 24 hora: ben sinalizada, pouco asfalto (o 82,4% do percorrido son sendeiros, pistas de terra, praias, paseos marítimos ou monte a través), e unha moi boa organización.  Se tes dúbidas de se podes ou queres preguntar sobre a nosa experiencia, contáctanos neste correo.

Non vai haber restriccións de tempo, polo que se pode facer correndo, andando, trotando ou á pata coxa. Sempre que se faga antes de 24 horas.

O percorrido do 2014 percorre os seguintes lugares, entre outros:

Atréveste?  Fai dos 100 dos International Trekkers o teu reto para o 2014!!

Sinálase en branco o percorrido da proba do 2014

Sinálase en branco o percorrido da proba do 2014

Perfil dos 100km do 2014

Perfil dos 100km do 2014

TRACKS PARA GPS

Track en GPX: (zip) 100km2014gpx

Track en KMZ: (zip) 100km-2014kmz

UNHA NOTA MOI IMPORTANTE
Os tracks foron recollidos en febreiro/marzo de 2014.  Dende aquela houbo algunhas melloras e algunhas modificacións forzosas que non están recollidas nos tracks. É preferible sempre seguir as marcas (frechas, barras luminosas, cintas…).Os principais cambios son:

* Km. 12-13 aprox. Cambio á dereita do sinalado durante aprox. 1 km (bosque en vez de asfalto)

* Km. 34-35 aprox. Subida pola marxe dereita do río Beluso en vez da banda esquerda (debido á desparación dunha ponte debido ás crecidas deste inverno)

* Km. 40-42 aprox. Descenso en liña recta en vez dun xiro á esquerda (debido ó mal estado da pista inicial debido á erosión deste inverno)

* Km. 48-50 aprox. Pequenos cambios puntuais, mellorando a subida.

* Km. 83-84 aprox. En vez dun xiro á esquerda seguimos pola pista asfaltada na entrada de Palmeira.  Eliminamos un bo tramo de pista asfaltada.

A descarga dos tracks implica o coñecemento destes cambios. A organización declina calquera responsabilidade e ofréceos únicamente como guía en caso de emerxencia.

Un comentario de “O percorrido da edición 2014

  1. Pingback: Los 100 International Trekkers Barbanza Sar

Los comentarios han sido cerrados.