O percorrido do 2013

En xuño de 2013 se fixo unha primeira proba, realizando 24 persoas un percorrido de 100 km. sobre os concellos de Boiro, Lousame, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
percorrido 2013
O percorrido tivo un desnivel de subida acumulado de 2.500 metros, e se seguiron sendeiros marcados, pistas forestais, praias e outros camiños, con menos de 4 km. de asfalto en total.  Neses 100 km. houbo de todo: Arqueoloxía (castro do Neixón, castro de Punta Ostreira; petroglifos de Cespón; mámoas do alto do Barbanza…), vistas (dende Iroite ou dende A Curota); camiñamos por praias (Niñeiriños na Pobra ou Barraña en Boiro) e seguimos ríos (o río Grande ou o río Beluso).  Foi unha camiñata moi variada, na que durante 20 horas nos divertimos moito.  Agora queremos compartir e poñer en común todo o que aprendimos e experimentamos.

Perfil da andaina do 2013

Perfil da andaina do 2013

Coa experiencia acumulada, no 2014 pretendemos organizar unha andaina mellorada, con menos asfalto e máis vistas.Estamos pechando o percorrido, pero que estará baseada na do ano pasado.

Filipe, de Solopisadas, escribíu unha bonita crónica en Solopisadas.