Descripción da 1ª sección: Km 0 – Km 26,8

A primeira sección, de 26,8 km. discurre entre a praza do Concello de Boiro e o hórreo do Araño (o hórreo máis grande de Galicia). É unha etapa doada, caracterizada pola costa de Boiro e Rianxo, e o camiña a carón dous ríos, o río Grande e o río Te.

  • Quilómetros totais: 26,8 km
  • Punto máis alto: 140 msm
  • Punto máis baixo: 0 msm
  • Ascenso total acumulado: 345 metros
  • Descenso total acumulado: 307 metros
  • Quilómetros de asfalto: 9,1 km
  • Quilómetros de camiños de terra: 17,7 km
  • Concellos: Boiro e Rianxo
Vista da ensenada de Rianxo dende o Castro do Neixón

Vista da ensenada de Rianxo dende o Castro do Neixón

Descripción detallada:

  • 0,0 – 0,5 km. Casco urbano de Boiro. Recorrido chan
  • 0,9 – 1,3 km. Núcleo rural d’a Boliña
  • 1,3 – 2,7 km. Lixeira subida (90m subida) ata o alto de Vista Alegre e A Cachopal (140 msm)
  • 2,7 – 4,6 km. Bosque de piñeiro e eucalipto. Lixeira baixada. Petróglifos (km. 3,7 e 4,5 – a Cabra de Cubeliño, desviación á esquerda)
  • 4,6 – 5,1 km. Lixeiro descenso ata o Paseo Marítimo de Neixón
  • 5,1 – 6,6 km. Chan pola beiramar ata Castro do Neixón
  • 6,6 – 8,6 km. Beiramar pola ensenada de Rianxo
  • 8,6 km. Bico de Mar

    riobeluso-tramo1

    Beira do río Beluso, no primeiro tramo, tras pasar o primeiro avituallamento

  • 8,6 – 10,4 km. Zona chá ata o río Grande.
  • ATENCIÓN: 9,8 km. Cruce da estrada comarcal. – PRECAUCIÓN.
  • 10,4 – 11,6 km. Subida pola beira do río Grande
  • 11,6 – 13,6 km. Zona chá ata o Campo da Festa de San Ramón de Bealo
  • 13,6 km. San Román de Bealo. AVITUALLAMENTO LIXEIRO (líquidos, barras enerxéticas, froita, froitos secos)
  • 13,6 – 14,4 km. Descenso pola aldea de Bealo ata o Río Beluso
  • 13,9 km. Petróglifo de Laxe da Serpe (Bealo)
  • 14,4 – 15,3 km. Descenso á beira do Río Beluso
  • 15,3 – 18,3 km. Zona chá entre brañas e por pistas ata a Igrexa de San Salvador de Taragoña
  • ATENCIÓN: 16,2 km.  Cruce da estrada comarcal. – PRECAUCIÓN.
  • 18,3 – 19,1 km. Subida (40m) ata Taragoña
  • 19,1 – 20,4 km. Descenso (75m) ata a Praia da Torre
  • 20,4- 21,2 km. Por pistas ata a ponte do río Te.
  • 21,2- 24,7 km. Lixeirísima subida (35m) á beira do Río Te
  • 24,7 – 26,8 km. Tranquila subida (70m) entre brañas e pistas ata o Hórreo de Araño
  • 26,8 km. Hórreo do Araño. AVITUALLAMENTO LIXEIRO (líquidos, barras enerxéticas, froita, froitos secos)

Perfiles da 1ª etapa

Perfil etapa 1 con indicación de desniveis

Perfil etapa 1 con indicación de desniveis

Perfil global tramo 1 (Boiro - Hórreo do Araño)

Perfil global tramo 1 (Boiro – Hórreo do Araño)

Mapa do primeiro tramo (26,8km, Boiro - Hórreo do Araño)

Mapa do primeiro tramo (26,8km, Boiro – Hórreo do Araño)

[CONTINUAR COA 2ª SECCIÓN, HÓRREO DO ARAÑO – REGATO DO TÁLLARA]