Regulamento dos 100 dos International Trekkers

Os 100 dos International Trekkers é unha proba de sendeirismo de 100 Km a realizar nun máximo de 24 horas, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar.  Ten o seguinte regulamento:

Subindo pola beira do Río Beluso arriba, antes de subir cara o Monte Castelo

– A organización: Poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.

– A organización: Resérvase o dereito de poder retirar aos participantes que entenda no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba ou as que non respecten o medio.

– A organización: Aínda que subscribirá un seguro de accidentes, non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.

– Os participantes teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores. Convén que dispoñan de licenza federativa (ficha montaña), ou dalgún seguro deportivo particular.

– É obrigatorio que os participantes leven consigo o seguinte material durante os 100km. O feito de non levar consigo parte deste material pode facer que se descalifique:
** OBRIGATORIO dende o principio da proba:  Contenedor para líquidos, linterna ou frontal, dorsal de competición colocado, gorra ou pano, teléfono móbil con batería e saldo dabondo.
** OPCIONAL, recomendado: manta de emerxencia, luz traseira cor bermello, alimentos, chaqueta impermeable con membrana transpirable.

- Os participantes terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances, nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.

– Os participantes menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba.

– Os participantes só poderán recoller un dorsal, e dicir: a entrega de dorsais será persoal e intransferible; e terán a obriga de firmar a folla de control antes da saída da proba.

– O importe da inscrición non será reembolsable en ningún dos casos.

Botar lixo fóra dos contenedores axeitados está prohibido e conlevará a EXPULSIÓN INMEDIATA da proba.

– O feito de facer a inscrición conleva que tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización.