Descripción da 2ª sección: Km 26,8 – Km 47,6

[ver a 1ª sección, BOIRO – HÓRREO DO ARAÑO]

A segunda sección, de 20,8 km. discurre entre e o hórreo do Araño en Rianxo e os pasais do río Tállara, en Lousame, sendo a práctica totalidade por sendeiros e camiños de terra. 

Mar de nubes nun mencer sobre o Castro Barbudo (Rianxo)

Mar de nubes nun mencer sobre o Castro Barbudo (Rianxo)

A diferencia do anterior, xa nos atopamos con tres subidas: o Castro Barbudo, o Monte Castelo e mailo Confurco.   Esta etapa ten unha variedade de paisaxes e vistas, e un fermoso paseo á beira do río Beluso

  • Quilómetros totais: 20,8 km
  • Punto máis alto: 327 msm
  • Punto máis baixo: 70 msm
  • Ascenso total acumulado: 710 metros
  • Descenso total acumulado: 729 metros
  • Quilómetros de asfalto: 0,4 km
  • Quilómetros de camiños de terra: 20,4 km
  • Concellos: Rianxo, Boiro e Lousame

Descripción detallada: (primeiro se mostra o km parcial da etapa, posteriormente entre corchetes o km acumulado dende o inicio dos 100 dos ITBS)

  • 0,0 km [26,8]. Hórreo do Araño. 2º AVITUALLAMENTO (LIXEIRO) (líquidos, barras enerxéticas, froita, froitos secos)
  • 0,0 – 0,4 km. [26,8 – 27,2] Aldea de Traba. Recorrido chan
  • 0,4 – 3,3 km. [27,2 – 30,1] Subida ata Castro Barbudo
    Vista dende o Castro Barbudo (Rianxo, Neixón, Abanqueiro, illa de Arousa…)

    Vista dende o Castro Barbudo (Rianxo, Neixón, Abanqueiro, illa de Arousa…)

    (327 msm). Desnivel de subida de 240 m, por sendeiro.

  • ATENCIÓN. Baixada perigosa no punto 3,3 km [30,1]. Estremar precaucións.
  • 3,3 – 7,1 km. [30,1 – 33,9] Descenso ata o Río Beluso, preto de Bealo. Descenso por pistas (310 m de desnivel de baixada)
  • 7,1 – 8,5 km. [33,9 – 35,3] Subida a rentes do río Beluso. Primeiro pola marxe esquerda, e logo se cruza por unha ponte de madeira á marxe dereita.  Finalmente se abandona o cauce pola marxe esquerda.
  • 8,5 – 12,4 km. [35,3 – 39,2] Subida ata o monte Castelo (260 m de desnivel de subida) por pistas de terra.  Fermosas vistas sobre a ría de Arousa (Neixón, Rianxo)
  • 12,4 – 15,0 km. [39,2 – 41,8]  Descenso suave por pistas ata o Cruce do Confurco (130 m de baixada)
  • 15,0 – 16,7 km. [41,8 – 43,5]  Lixeira subida por pistas (70 m de subida) ata a capela de San Lourenzo
  • 16,7 km [43,5]  Capela de San Lourenzo. 3º AVITUALLAMENTO (FORTE) (líquidos, comida quente, bocadillos, froitos secos, barras enerxéticas, froita)
  • 16,7 – 17,5 km. [43,5 – 44,3]  Subida ata o alto de San Mamede, por pistas (50 m de subida)
  • 17,5 – 20,0 km. [44,3 – 46,8]  Baixada por unha pista ancha ata a aldea de Abeixón (210 m de descenso)
  • 20,0 – 20,8 km. [46,8 – 47,6] Zona chá entre o núcleo de Abeixón e os pasais do río Tállara
  • 20,8 km. [47,6]  Pasais sobre o río Tállara. Fin da 2ª etapa

Perfiles da 2ª etapa

Perfil etapa 2 con indicación de desniveis

Perfil etapa 2 con indicación de desniveis

Perfil global tramo 2 (Hórreo do Araño - Río Tállara)

Perfil global tramo 2 (Hórreo do Araño – Río Tállara)

 

Mapa do segundo tramo (20,8km, Hórreo do Araño - pasais do río Traba)

Mapa do segundo tramo (20,8km, Hórreo do Araño – pasais do río Tállara)

[ir á 3ª sección, REGATO DE TÁLLARA – MOLDES]