Sorteos e agasallos

Na primeira edición dos 100 dos International Trekkers haberá sorteos e agasallos

SORTEOS

Polo Barbanza en Outubro 2013

Sortearanse 15 premios en metálico de 100€, así como diverso material cedido por diferentes entidades.  No sorteo participan todos os inscritos que tomen a saída o día da proba.  Cando cheguen ó punto dos 100km (ben sexa tras percorrer os 100km ou ben retirado nalgún punto intermedio), xunto coa entrega do diploma conmemorativo escollerá ó chou un número que poderá comprobar se está premiado.

**** TODOS OS PARTICIPANTES (rematen ou non) terán a opción de entrar no sorteo. ****

Tamén agradecemos que a Federación Galega de Montañismo tamén doara material (téxtil, libros, etc.) para o sorteo.

AGASALLOS

Para todos os participantes:

  • Téxtil de calidade conmemorativo da 1ª andaina de 100 km en Galicia

Para aqueles que participen pero non dean chegado ós 100km:

  • Diploma acreditativo coa distancia percorrida

Para aqueles que dean feito os 100km en menos de 24 horas:

  • Diploma acreditativo co tempo empregado en realizar os 100km
  • Medalla de finisher