Descripción da 3ª sección: Km 47,6 – Km 80,2

[ver a 2ª sección, HÓRREO DO ARAÑO – REGATO DE TÁLLARA]

Esta terceira sección, de 32,6 km. é a que ofrece un maior desnivel, xa que pasamos dos 78 msm do regato de Tállara ós chans do Barbanza, dunha altura de ente os 500 e os 650 msm. De feito, 21 km discorren por enriba dos 500 msm. Apenas atoparemos asfalto e ten unha subida acumulada de máis de 1.000 metros.

Subindo os pasos do camiño tradicional entre Guiende e a Igrexa de Tállara

Subindo os pasos do camiño tradicional entre Guiende e a Igrexa de Tállara

  • Quilómetros totais: 32,6 km
  • Punto máis alto: 644 msm
  • Punto máis baixo: 78 msm
  • Ascenso total acumulado: 960 metros
  • Descenso total acumulado: 869 metros
  • Quilómetros de asfalto: 1,7 km
  • Quilómetros de camiño de terra, sendeiros e monte a través: 30,9 km (95%)
  • Concellos: Lousame, Boiro, Porto do Son e Pobra do Caramiñal

Descripción detallada: (primeiro se mostra o km parcial da etapa, posteriormente entre corchetes o km acumulado dende o inicio dos 100 dos ITBS)

  • 0,0 km [47,6]  Pasais do Regato de Tállara.  PRECAUCIÓN.
  • 0,0 – 0,5 km. [47,6-48,1]  Tramo chairo entre as pistas das leiras de Tállara
  • 0,5 km. [48,1]  ATENCIÓN.  Cruce de estrada local, en lixeira curva
  • 0,5 – 2,5 km. [48,1-50,1]  Paulatina subida dos 93 msm ós 300 msm entre corredoiras e camiños ata o núcleo de Guiende. Pásase polos 200 antigos pasos do camiño tradicional cara a Igrexa de Tállara dende as aldeas de Barreira e Guiende.
  • 2,5 – 5,5 km. [50,1-53,1]  Desnivel aproximado do 10% por pistas forestais e sendeiros, deixando atrás o núcleo de Guiende (300 msm) e chegando á Curva do Americano (500 msm), na estrada entre Moimenta e Iroite.
Vista da ría de Noia e Muros dende a Balconada

Vista da ría de Noia e Muros dende a Balconada

  • 5,5 km. [53,1] Curva do Americano.  4º AVITUALLAMENTO  (LIXEIRO) (líquidos, barras enerxéticas, froita, froitos secos)
  • 5,5 – 6,0 km [53,1-53,6]  Por pistas remátase esta subida chegando ó nivel de 560 msm
  • 6,0 – 13,3 km [53,6-60,9]  Por unha pista forestal percórrese a famosa balconada, sobre a ría de Noia. É un tramo doado, mantendo a altura e ofrecendo marabillosas vistas.  A altura oscila entre os 540 msm e os 560 msm.
  • 13,3 km [60,9]  Casota do Páramo, monumento megalítico.
  • 13,3 – 15,1 km [60,9-62,7]  Tramo por pista forestal nunha zona chaira. No km. 15,1 do tramo atópase unha fonte.
  • 15,1 – 20,1 km [62,7-67,7]  Lixeiras subidas continuadas por pistas de terra entre aeroxeneradores, pasando dos 530 msm ós 644 msm, a máxima da proba.
  • 20,1 km [67,7]  Alto da Torre de Inxerto.  5º AVITUALLAMENTO  (LIXEIRO) (líquidos, barras enerxéticas, froita, froitos secos). Vistas da ría de Muros-Noia (especialmente do Porto do Son) e da ría de Arousa.
Aeroxeneradores nos altos do Barbanza, preto do 5º Avituallamento

Aeroxeneradores nos altos do Barbanza, preto do 5º Avituallamento

  • 20,1 – 22,7 km [67,7-70,3]  Paulatino descenso nunha cómoda pista de terra ata o nivel de 490 msm.
  • 22,7 – 24,7 km [70,3 -72,3]  Percorrido chan por pistas de terra
  • 24,7 -26,7 km [72,3-74,3]  Última subida da etapa (e dos 100) ata as inmediacións dos Forcados, cunha altura de 580 msm
  • 26,7 – 28,2 km [74,3-75,8]  Descenso (ata os 470 msm) monte a través. Pásanse un par de regatos sen moita dificultade.  Este tramo estará especialmente marcado ó non haber senda.
  • 28,2 – 28,9 km [75,8-76,5]  Percorrido chairo paralelo á pista asfaltada ata o aparcamento do miradoiro da Curota, coas mellores vistas da Ría de Arousa.
  • 28,9 – 30,5 km [76,5-78,1]  Baixada por sendeiros (moi erosionados, prestar atención) ata o Miradoiro de Valle Inclán ou da Curotiña. Descéndesde dende os 485 msm ata os 360 msm.
  • 30,5 – 32,6 km [78,1 – 80,2]  Descenso por sendeiros ata chegar á santa de Moldes (164 msm).
  • 32,6 km [80,2]  6º AVITUALLAMENTO (FORTE) (líquidos, comida quente, bocadillos, froitos secos, barras enerxéticas, froita)

Perfiles da 3ª etapa

Perfil etapa 3 con indicación de desniveis

Perfil etapa 3 con indicación de desniveis
Perfil global tramo 3 (Regato de Tállara - Moldes)

Perfil global tramo 3 (Regato de Tállara – Moldes)

Mapa do terceiro tramo (km 47,6 - 80,2), entre o regato de Tállara e a santa de Moldes

Mapa do terceiro tramo (km 47,6 – 80,2), entre o regato de Tállara e a santa de Moldes

 

 

 

 

 

 

 

 

[ir á 4ª sección,MOLDES – BOIRO]