Por se desexas chegar un día antes, ou quedar un día máis, ou vir con acompañantes, hai unha manchea de opcións nos concellos do Barbanza

Aloxamento con ofertas especiais en Rianxo

Os seguintes aloxamentos acordaron ter un prezo especial para os participantes e acompañantes que acudan ós 100 dos International Trekkers.   Cando se contacte, habería que mencionar a oferta e que se acude á proba

Hostal O Portiño (Rianxo, a 30 metros da saída).  Teléfono: 981 86.65.43

  • Habitación doble: 27,50€
  • Habitación triple: 42,00€
  • Cama supletoria: 10,00€
  • Non existe habitación individual.  Prezos IVE incluído, pero non existe almorzo.

Hostal Casa Pachín (Taragoña, a 4km da saída).   Teléfono: 981 86.12.11

  • Pensión completa: 36,00 €/persoa (xantar, cea, aloxamento e almorzo).
  • Media pensión: 28,00 €/persoa (xantar ou cea, aloxamento e almorzo).
  • Aloxamento e almorzo: 20,00 €/persoa.

 

Como chegar a Rianxo?

A saída e chegada da proba está localizada en Rianxo, que está situado no noreste da península do Barbanza.

As distancias a distintos puntos son: (segundo Google Maps)

  • Santiago de Compostela 40 km. (35 minutos)
  • Vigo 80km (50 minutos)
  • A Coruña 110km (1 h 10 minutos)
  • Madrid 633km (5h 30 minutos)
  • Porto 220 km (2 horas).

Transporte público

O mellor xeito de chegar a Rianxo en transporte público é mediante autobús, dende Padrón ou Santiago. A compañía que realiza este servizo é Arriva Noroeste.  Os autobuses paran na estación de autobuses de Santiago, ou próximos á estación de trens. Tamén paran na estación de autobuses de Padrón, que está a un paseo de 5 minutos da estación de tren.  Os horarios pódelos atopar nesta páxina en PDF.

Dende outras localidades pódese chegar en autobús, tren ou avión a Santiago, que é a cidade de referencia, e alí coller o autobús ata Rianxo.