Dúbidas sobre a inscrición   |  Dúbidas sobre a proba

Pódese pagar por transferencia ou ó contado no día da proba?
Non. Únicamente mediante a pasarela segura PayPal.  NON NECESITAS CONTA DE PAYPAL: Únicamente unha tarxeta de crédito, tua ou dalgún coñecido.

Se tes conta en PayPal entra co teu contrasinal e xa pasas directamente á tua conta; se non a tes, cubres o formulario que aparece e pos os datos dunha tarxeta de crédito. Unha vez que se efectua o pagamento, PayPal remítenos unha relación de todos os pagos cos datos do formulario.
O pago con PayPal é 100% seguro.

Que pasa se me inscribo e logo non podo acudir por algunha razón de forza maior?
En caso de non poder realizar a andaina por causas de forza maior, existen duas posibilidades mentras siga aberto o prazo de inscrición:

* A primeira é que te reservaríamos praza gratuitamente para a andaina do vindeiro ano, sen que tiveses que asumir aumentos no coste (en caso de que os houbese). Simplemente terías que indicarnos que non podes vir pola razón de causa maior que sexa e que solicitas que se te cambie a reserva para o 2016.
* A segunda é que, se nolo notificas con antelación, podes ceder a tua praza a outra persoa sen cargo extra. É dicir, que se ti non podes ir por algunha causa de forza maior, pódesnos dicir que outra persoa vai facer a proba utilizando a tua inscrición.

Únicamente no caso de suspensión da proba por causas de forza maior (condicións meteorolóxicas, etc.) se devolverán os cartos ós inscritos. Só podemos aceptar cambios mentras permaneza aberto o prazo de inscrición.

Canto costa a inscrición?  Hai límite de prazas?
O custe é de 40€ ata o 28 de febreiro (incluído). A partires do 1 de marzo, o prezo será de 50€. Se quedan prazas, entre o 8 de xuño e o 18 de xuño o custe é de 75€

Por razóns operativas, existe un límite de 245 inscritos.  Unha vez que se cubra, abrirase unha lista de reserva, non podendo garantir a súa inclusión na proba.

Onde me podo inscribir e comprobar se estou ben inscrito?
A páxina de inscrición é o único lugar onde te podes inscribir, e pagar mediante a pasarela segura PayPal. Hai unha lista de inscritos actualizada periódicamente.

 

PREGUNTAS SOBRE A PROBA

O percorrido vai estar marcado?
Totalmente. O percorrido estará sinalizado suficientemente, cunha mistura de cintas, sinais chantados no chan e spray para minimizar a posibilidade de perda. Na zona nocturna poremos cintas fluorescentes. Ademáis, a partir de principios de xuño poremos na páxina web a posibilidade de descargar os tramos en GPX para podelos cargar en cadanseu GPS.

Hai limitacións de velocidade?
Non hai limitacións de máxima velocidade, pero os controis e avituallamentos pecharán se non se chega a un mínimo de velocidade (aproximadamente 4,5 km/h). Polo tanto, os 100 pódense facer correndo ou andando, pero non vaias demasiado lento, que se non non chegarás en 24 horas.

Hai limitacións de idade?
Non, non hai limitación “por arriba” da idade. Si, por abaixo, xa que os menores de 18 anos deben estar acompañados sempre por un adulto que se faga responsable, e proporcione unha carta asinada polos pais ou titores. Pero por arriba, non hai límite de idade.

¿Vai haber avituallamentos ou teño que levar comida e bebida comigo?
Vai haber 10 avituallamentos, 5 deles lixeiros (líquidos e barras enerxéticas nos km. 13, 31, 53, 70 e 91) e 5 fortes (líquidos, comida quente, froitos secos, barras enerxéticas, froita, nos km. 23, 43, 61, 82 e 100). Aínda así recomendamos encarecidamente que todo participante leve un contenedor de líquido e algo de comida entre avituallamentos.

É necesario levar algo máis?
** OBRIGATORIO: Contenedor para líquidos, linterna ou frontal, dorsal de competición colocado, gorra ou pano, silbato, teléfono móbil con batería e saldo dabondo.
** OPCIONAL, recomendado: manta de emerxencia, luz traseira color bermello, alimentos, chaqueta impermeable con membrana transpirable.

Váisenos achegar ata algún punto intermedio algunha bolsa nosa?
Si; na saída vai haber unha espazo para deixar bolsas númeradas cos dorsais que se levarán ata os puntos de avituallamento dos km 43 e 82, que logo se levarán de novo ó km 100).

A vosa bolsa pode conter o que queirades, sempre que teña un peso e volume razonable. Pódese incluír o material que se necesite: roupa, alimentación, calzado, etc. Se se entrega por exemplo unha bolsa deportiva, tense que meter nunha bolsa que proporcionará a organización cunha pegatina co número de dorsal do participante.

A organización levará unha bolsa ata o km. 43. Alí os participantes collerán e deixarán o material que desexen. Logo a organización voltará levala ata a saída.  A outra bolsa levarase ó km. 82 para poñela á dispoción dos participantes, onde de novo collerán e deixarán o material que desexen. Para finalizar, levarase ata o km. 100.

É circular? Lévasenos ata a saída ou chegada?  Teléfono de emerxencia?

A proba sae e chega de Rianxo.  Vai haber un traxecto neutralizado en transporte público ata o Bodión, pero a saída e chegada oficial é Rianxo.

No caso de abandonar durante o percorrido, pídese que se abandone nos avituallamentos. Dende alí serán transportados ata Rianxo pola organización.  En caso de forza maior, ofrecerase un teléfono de emerxencias ó que contactar se non se pode chegar a un avituallamento.

Quero ir cun acompañante. Onde pode pasar a noite?

Acordamos uns prezos especiais con dous hostais de Rianxo.  Vai á páxina de Aloxamento e cómo chegar.