Modalidade

Os 100 do 2015 ten unha modalidade dupla: Pode ser andaina ou ultratrail, é dicir, que se pode facer andando ou correndo. En calquera caso, é unha proba non competitiva.  Haberá apoio loxístico a todos os participantes (avituallamentos, asistencia médica, traslados, entrega de equipaxe nos km. 40 e 80…), sempre que entren nos tempos mínimos establecidos pola organización.

Sen embargo, cómpre indicar que non é unha proba competitiva. Si se publicarán os tempos de paso intermedios e finais na web, pero non se premiará ós que cheguen primeiro.

Avituallamentos e Horas límite de paso

Km. aproximadoLugarTipo de avituallamentoHora de cierre aprox.
13.3A PortelaLíquido20:15
23,2MoldesSólido22:45
30,8SeránsLíquido0:15
43,5QueirugaSólido (cena)3:00
53,3Porto do SonLíquido6:00
61,3PortosínSólido8:00
70,4NoiaLíquido10:00
82,2AldarizSólido13:00
90,7A FerreríaLíquido15:00
100RianxoSólido17:30

Os avituallamentos líquidos consistirán en bebidas isotónicas e auga, incluíndo barriñas de cereais. Os avituallamentos sólidos contarán con bocadillos, comida quente (nos km. 40, 80 e 100), froitos secos e froita.

[Ver o perfil da proba]

Traslado de roupa e bolsas

Entregando na saída duas bolsas, unha será entregada no avituallamento do km. 40 (Queiruga), e outra no avituallamento do km. 80 (Aldariz). Pódese incluir roupa, medicamentos, etc.  Estas bolsas serán levadas de volta á chegada en Rianxo.

Agasallos e medallas
Todos os inscritos recibirán como agasallo unha prenda téxtil de calidade.  Ademáis, os que completen os 100km recibirán unha medalla de finisher.

Entrevista en Radio Arosa (18 de maio de 2015)

Podes tamén escoitar unha entrevista realizada en Radio Arosa con información básica da proba.