100km-itbs-2014 (60)

O número de inscricións está limitado a 245 persoas.

A inscrición será posible realizala entre a segunda semana de xaneiro de 2015 e 4 días antes da proba.  O coste da inscrición dependerá de cándo se realice, dacordo co seguinte cadro:

Data de inscrición Coste da inscrición
Entre 12/1/2015 e 28/2/2015 40 €
Entre 1/3/2015 e 7/6/2015 50 €
Entre 8/6/2015 e 18/6/2015 75 €  50€

Prorrogado o prazo de inscrición a 50€ ata o 18 de xuño

Non se permitirá ningunha inscrición por motivos loxísticos e de seguro despois das 24h do 18 de xuño. Podes ver o listado provisional de inscritos nesta páxina.

A inscrición realizarase mediante a pasarela de Paypal (mediante unha conta de PayPal, ou se non dispón dela, mediante tarxeta de crédito) que estará disponible a partir do 12/1/2015. Realizando a inscrición o inscrito acepta as condicións e regulamentos da proba.  Inscribe a un participante cada vez.  Para inscribir a máis participantes, repite a operación.

Na páxina de PayPal, lembra dar a «Añadir» a «Nome usado no formulario de inscrición» para saber nós a nome de quen estás a pagar.

REMATADO O PRAZO DE INSCRICIÓN

 

Realizando a inscrición consentirá que os seus datos estean incluídos nun ficheiro inscrito na AEPD coa finalidade de informalo da proba dos 100km dos ITBS ou doutras probas que se poidan organizar. Pode exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos mediante unha mensaxe na páxina de contacto.

Tamén consinte a utilización da súa imaxe en fotografías realizadas durante a proba.