A edición de 2014 foi a primeira, saíndo e chegando do Concello de Boiro. Foi o noso bautizo coma organización e foi un éxito
150 participantes saíron de Rianxo con 38ºC, rematando case 90 deles. Houbo unha travesía en barco na saída neutralizada.
A edición máis numerosa ata o momento, con 240 participantes, dos que foron quen de chegar 181 na edición máis rápida ata o momento
En 2014 Boiro fixo de concello anfitrión e máis de 100 brav@s se lanzaron a conquistar os camiños do Barbanza. No 2015, dende Rianxo, case 200 participantes cruzaron en barco Arousa para saír dende o Bodión
E no 2016, 250 cachalotes saíron da Pobra do Caramiñal volvendo a tocar os 7 concellos do Barbanza!
Os ITBS, International Trekkers Barbanza Sar, é un club de montañismo composto por entusiastas das bisbarras do Sar (concellos de Padrón, Rois e Dodro) e do Barbanza (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto do Son). O club foi fundado en 2013 para poder organizar e xestionar a primeira proba en Galicia de ultrafondo (100 km en 24 horas).
Os ITBS está composto por fondistas con moita experiencia en probas de ultrafondo, sendo moi habitual a súa presenza en andainas de 50km pola xeografía galega e norte de Portugal. Son uns habituais na Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.