INSCRICIÓN

Dúbidas sobre as inscricións

Pódese pagar por transferencia ou ó contado no día da proba?
Non. Únicamente mediante a pasarela segura PayPal.  NON NECESITAS CONTA DE PAYPAL: Únicamente unha tarxeta de crédito, tua ou dalgún coñecido.

Se tes conta en PayPal entra co teu contrasinal e xa pasas directamente á tua conta; se non a tes, cubres o formulario que aparece e pos os datos dunha tarxeta de crédito. Unha vez que se efectua o pagamento, PayPal remítenos unha relación de todos os pagos cos datos do formulario.
O pago con PayPal é 100% seguro.

Cal é o coste das inscricións?

O importe das inscricións para os 100 do 2017, son:

  • Entre o 8 de Febreiro e o 31 de Marzo, 50€
  • Entre o 1 de Abril e o 10 de Xuño, 75€
  • Non se admitirán inscritos a partir do 10 de Xuño.

Por razóns operativas, existe un límite de 300 inscritos.  Unha vez que se cubra, abrirase unha lista de reserva, non podendo garantir a súa inclusión na proba.

Que pasa se me inscribo e logo non podo acudir por algunha razón de forza maior?

As inscricións serán persoais e intrasnferibles.

O importe da inscrición será reembolsable con estas condicións:

  • Ata o 31 de maio, devolución do 90% do abonado OU 100% coma adianto da inscrición para a edición do vindeiro ano, se houbese. O participante contactará por correo electrónico á organización solicitando a cancelación da súa participación e indicará se solicita devolución do 90% do abonado ou prefire o 100% coma adianto da inscrición da edición do 2018, se houbese.
    • Se o participante desexa a devolución do 90%, debe coordinar coa organización cómo se efectuará a devolución (Paypal, transferencia bancaria...), que é decisión última da organización.
    • Se o participante desexa que a cantidade abonada se utilice coma adianto da edición do 2018, se houbese, o valor abonado en 2017 subtraerase da cantidade da inscrición do momento en que se inscriba no 2018. Para elo debe indicar na sección “comentarios” da Inscrición que ten a súa praza parcialmente prepagada.
  • Nas cancelacións a partir do 1 de xuño non se devolverá ningunha cantidade nin se poderá utilizar como adianto para a edición do vindeiro ano.

Onde me podo inscribir e comprobar se estou ben inscrito?
A páxina de inscrición é o único lugar onde te podes inscribir, e pagar mediante a pasarela segura PayPal. Hai unha lista de inscritos actualizada periódicamente.

A PROBA

PREGUNTAS SOBRE A PROBA

O percorrido vai estar marcado?
Totalmente. O percorrido estará sinalizado suficientemente, cunha mistura de cintas, sinais chantados no chan e spray para minimizar a posibilidade de perda. Na zona nocturna poremos cintas fluorescentes. Ademáis, a partir de principios de xuño poremos na páxina web a posibilidade de descargar os tramos en GPX para podelos cargar en cadanseu GPS.

Hai limitacións de velocidade?
Non hai limitacións de máxima velocidade, pero os controis e avituallamentos pecharán se non se chega a un mínimo de velocidade (aproximadamente 4,5 km/h). Polo tanto, os 100 pódense facer correndo ou andando, pero non vaias demasiado lento, que se non non chegarás en 24 horas.

Hai limitacións de idade?
Non, non hai limitación “por arriba” da idade. Si, por abaixo, xa que os menores de 18 anos deben estar acompañados sempre por un adulto que se faga responsable, e proporcione unha carta asinada polos pais ou titores. Pero por arriba, non hai límite de idade.

¿Vai haber avituallamentos ou teño que levar comida e bebida comigo?
Vai haber 10 avituallamentos, onde haberá líquidos e sólidos.  A cea, con comida quente, estará no km. 40. Aínda así é obrigatorio que todo participante leve un contenedor de líquido e recomendamos moito que tamén leve algo de comida entre avituallamentos.

É necesario levar algo máis?
** OBRIGATORIO: Contenedor para líquidos, linterna ou frontal, dorsal de competición colocado, gorra ou pano, silbato, teléfono móbil con batería e saldo dabondo. O receptor GPS que proporcionamos debe ir sempre activado.
** OPCIONAL, recomendado: manta de emerxencia, luz traseira color bermello, alimentos, chaqueta impermeable con membrana transpirable.

Váisenos achegar ata algún punto intermedio algunha bolsa nosa?
Si; na saída vai haber unha espazo para deixar bolsas númeradas cos dorsais que se levarán ata o punto de avituallamento do km 40, que logo se levarán de novo ó km 100).

A vosa bolsa pode conter o que queirades, sempre que teña un peso e volume razonable. Pódese incluír o material que se necesite: roupa, alimentación, calzado, etc. Se se entrega por exemplo unha bolsa deportiva, tense que meter nunha bolsa que proporcionará a organización cunha pegatina co número de dorsal do participante.

A organización levará unha bolsa ata o km. 40. Alí os participantes collerán e deixarán o material que desexen. Logo a organización voltará levala ata a saída.

É circular? Lévasenos ata a saída ou chegada?  Teléfono de emerxencia?

A proba sae e chega de Noia.

No caso de abandonar durante o percorrido, pídese que se abandone nos avituallamentos, agás por razón de forza maior. Dende alí serán transportados ata Rianxo pola organización.  En caso de forza maior, ofrecerase un teléfono de emerxencias ó que contactar se non se pode chegar a un avituallamento.

DESPOIS

Despois da proba

Que se entrega ós participantes?

Tódolos participantes terán unha prenda conmemorativa da proba.  Aparte, os que completen no prazo de 24 horas os 100km, obterán unha medalla de finisher e un diploma indicando o tempo que necesitaron para cubrir todo o percorrido.

Que é o xantar de confraternización?

A partir das 14h, a organización organiza un xantar entre participantes e voluntarios. Noutros anos, neste xantar houbo navallas, polbo, mexilóns, carne...

Permítese a asistencia de ata 2 acompañantes por inscrito, previa adquisición da entrada. Este coste ten un custo de 15€ por acompañante e poderá adquirirse na web dos itrekkers.

SUBIR