ENVIAR

Inscrición dos acompañantes no xantar de confraternización

NOTA ACLARATORIA: Os ITBS organizamos unha festa, un xantar de confraternización, entre os colaboradores, voluntarios e participantes, coa idea de que sirva de relax, para comentar os episodios vividos nas últimas horas, e para dar a benvida ós últimos que chegan. O ano pasado fóisenos un pouco das mans debido ó número de acompañantes que querían vir.  Este ano imos tentar regular isto, a ver qué tal vai.  Dádevos conta que nós organizamos unha proba de 100km, non unha comida, e por xentileza, permitimos que algún acompañante dos participantes asista ó xantar. A ver qué tal funciona, e dependendo delo, miraremos para o ano seguir así ou pechala definitivamente ós participantes, voluntarios e colaboradores.

NORMAS DE INSCRICIÓN
A inscrición será posible realizala entre o 8 de maio de 2017 e o 10 de xuño. Cada participante poderá inscribir un máximo de 2 acompañantes que compartirán con él a mesa e xantar de confraternización. O coste por acompañante é de 15€.

Data de inscrición Coste da inscrición
Entre 8/5/2017 e 10/6/2017 15 €

 

Non se permitirá ningunha inscrición por motivos loxísticos e de aprovisionamento despois das 24h do 10 de xuño. Recibirás un email coa confirmación da inscrición dos teus acompañantes. Lembra que algúns dos procesos que realizamos son manuais, polo que a confirmación non vai ser instantánea.

A inscrición realizarase mediante a pasarela de Paypal (mediante unha conta de PayPal, ou se non dispón dela, mediante tarxeta de crédito) que estará disponible a partir do 8/5/2017. Realizando a inscrición o inscrito e acompañantes aceptan as condicións e regulamentos da proba.
No formulario de inscrición de abaixo, rechea o teu nome compreto e o teu número de dorsal. E selecciona o número de acompañantes '1' ou '2'. Se vas con '1' acompañante, introduce o seu nome completo no campo correspondiente, se vas con '2' acompañantes introduce os seus nomes completos nos campos.

IMPORTANTE: Na páxina de PayPal, lembra dar a “Añadir” a “Nome usado no formulario de inscrición” para saber nós a nome de quen estás a pagar.

Realizando a inscrición consentirá que os seus datos estean incluídos nun ficheiro inscrito na AEPD coa finalidade de informalo da proba dos 100km dos ITBS ou doutras probas que se poidan organizar. Pode exercer o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos mediante unha mensaxe na páxina de contacto.

Tamén consinte a utilización das súas imaxes en fotografías realizadas durante a proba.

Unha vez premas en ENVIAR, agarda uns momentos: aparecerán dous botóns de PayPal. Un botón para o pago correspondente a '1' acompañante, e o outro botón para o pago correspondente a '2' acompañantes. Se tes problemas, envíanos un correo a 2017@itrekkers.org.

Todos os campos son obrigatorios cubrilos correctamente, excepto o campo do nome do segundo acompañante se só vas con '1'.

Pechado o prazo de inscrición de acompañantes no xantar de confraternización.

SUBIR