O tempo en Noia

Datos a ter en conta para os 100

Que tempo agardar para os 100?

01

Orto e Ocaso

O sol ponse o día 24 ás 22:17, tendo o día unha duración de 15h18min, unha das máis longas do ano. O domingo 25 o sol sairá ás 6:58. O crepúsculo civil empeza ás 6:15 e remata ás 23h. Máis info na páxina de Meteogalicia.
02

Temperaturas históricas

A temperatura nesta época do ano é das máis agradables de todo o ano no Barbanza, e tende a ter unha mínima de 12ºC e unha máxima de 22ºC. Sen embargo ten en conta que a máxima histórica está en 36ºC, como sabedes os que fixéstedes Os 100 do 2015! Máis info en the weather underground. (info para Santiago)
03

Vento

A forza do vento pode condicionar bastante a marcha da proba. Os que participástedes na edición do 2016 lembraredes o muro que se levantaba coas rachas de vento Norte de 50km/h pola Balconada de Iroite... Lembrade que non é o habitual, pero pode suceder...
04

Temperaturas

Aínda que o habitual é ter un rango de temperaturas entre 10ºC e 24ºC, os que participástedes no 2015 lembraredes as temperaturas altas que tivéstedes subindo pola calzada de Vitres, que chegaron ata os 38ºC... Ou o frío no alto do Barbanza de madrugada, con tremenda sensación de vento e humidade...
SUBIR