O primeiro tramo percorre, en boa medida, a costa entre Noia e Porto do Son. Chega nalgún tramo a ir por breves tramos de praia e beirarrúas. Segue tamén boa parte do traxecto percorrido na edición de 2015 pero en sentido inverso. Naquel ano fixérase de noite e non se puidera disfrutar das marabillosas vistas que se divisan; a maior diferencia é que naquela edición rodeárase Porto do Son e atravesárase Portosín, e nesta edición é o revés: rodéase Portosín e atravésase a capital do Concello por sendas peonís.

É un dos tramos con menos desnivel acumulado dos 100km: 510m de subida e 514m de baixada. Atravésanse varias praias así coma o litoral urbano de Porto do Son onde remata.

  • ORIXENNOIA
  • DESTINOPORTO DO SON
  • DISTANCIA20,5 KMs
  • SUBIDA510 metros
  • BAIXADA514 metros
  • AVITUALLAMENTOS
    SAN CAETANO KM 12,5

    PORTO DO SON KM 20,5
Doada

Mapa e perfil da 1ª etapa

Preme nas imaxes para velas en tamaño completo

FOTOS

LUGARES DESTACADOS DA ETAPA

Preme nas imaxes para velas en tamaño completo

SUBIR