Este segundo tramo, entre os km 20,5 e 40,1 ten duas seccións ben diferenciadas. Nun primeiro momento continua pola beiramar, indo a carón de varias prais coma Arnela, Baroña o Dique ou As Seiras.  Logo do avituallamento a carón da Capela de Pedrafurada, a 10km do Son comeza case toda a subida da etapa ata chegar ó miradoiro de Valle Inlcán, onde está programada a cea. As vistas do miradoiro da Curotiña son coñecidas xa polos nosos participantes de anteriores ediciones. Continúa sendo unhas das mellores vistas de Galicia.

A etapa ten unha subida acumulada de 811 metros, e un descenso acumulado de 460 metros.  Atravésase unha longa zona devastada polo gran lume do verán do 2016 en Porto do Son, que chegou dende Baroña ata o concello de Ribeira.

Pasamos preto dos castros de Baroña e de Porto Nadelas. A saída de Porto do Son é por unha senda urbana, e logo xa non atopamos apenas pavimento algún no resto da etapa salvante un quilómetro no Monte da Aradiza.

  • ORIXENPORTO DO SON
  • DESTINOMIRADOR DE VALLE INCLÁN
  • DISTANCIA19,6 KMs
  • SUBIDA811 metros
  • BAIXADA460 metros
  • AVITUALLAMENTOS
    PEDRAFURADA KM 30,2

    VALLE INCLÁN KM 40,2
Media

Mapa e perfil da 2ª etapa

Preme nas imaxes para velas en tamaño completo

FOTOS

LUGARES DESTACADOS DO PERCORRIDO

Preme nas imaxes para velas en tamaño completo

SUBIR