O terceiro tramo comenza no mirador de Valle Inclán, con impresionantes vistas sobre A Pobra do Caramiñal e a Ría de Arousa. Nun primeiro tramo descende ata Entrerríos para ruzar o río Pedras por unha ponte.  Volve a remontar o val e vai pistas e camiños ata o río Lérez. Pasa preto das aldeas das Taras e de Piñeiro, esta última xa no Concello de Boiro.  Cando volve a cruzar o río Lérez á altura das Escobias (km 48,7, uns 8,6km dende o mirador de Valle Inclán) vai haber un pequeno avituallamento.

Vaise pola parte de arriba de Mosquete, hai un descenso técnico ata os Chans de Reis, e logo varios quilómetros por pistas ata Loxo de Arriba, onde cruzamos o río Coroño e acadamos o punto máis baixo do percorrido dende que deixamos a costa.  Subimos ata Mieites onde teremos un avituallamento quente tras 16km dende a cea en Valle Inclán.

É un sectores máis doados, posto que temos 532 m de subida acumulada e 776 de baixada acumulada en 16km.

  • ORIXEVALLE INCLÁN
  • DESTINOMIEITES
  • DISTANCIA15,9 KMs
  • SUBIDA532 metros
  • BAIXADA776 metros
  • AVITUALLAMENTOS
    AS ESCOBIAS KM 48,75

    MIEITES KM 56,1
Doada

Mapa e perfil da 3ª etapa

Preme nas imaxes para velas en tamaño completo

FOTOS

LUGARES DESTACADOS DA ETAPA

Preme nas imaxes para velas en tamaño completo

SUBIR