Este cuarto tramo é o máis longo, con 24,8km.  Unido ao feito de que ten unha subida acumulada de 1.168m e un descenso acumulado de 634m fai que sexa o máis duro dos cinco nos que dividimos os 100km.

Á saída de Mieites hai un pequeno tramo de subida para atravesar o Monte Peón e chegar a Belles de Abaixo.  Logo entramos nunha da zonas máis pintorescas dos 100 deste ano:  A dos penedos do Confurco, un museo de Historia Natural, con grandes penedos que, como definira Fermín Bouza Brey, convertía os arredores da Galea nunha cidade encantada.  Logo cruzamos o río Beluso e pasamos por Landeiras para comenzar a ascender cara Pastoriza e Ourille, outro dos lugares habituales na ruta dos 100 doutras edicións. Chegamos ó Hórreo do Araño, o máis grande do mundo, onde haberá un avituallamento, e paseniñamente encaramos a ladeira do Monte Muralla e os seus 679 metros de altura, punto máis alto dos 100 deste ano.

  • ORIXEMIEITES
  • DESTINOA MURALLA
  • DISTANCIA24,8 KMs
  • SUBIDA1168 metros
  • BAIXADA634 metros
  • AVITUALLAMENTOS
    HORREO DO ARAÑO KM 71,1

    A MURALLA KM 80,9
Difícil

Mapa e perfil da 4ª etapa

Preme nas imaxes para velas en tamaño completo

FOTOS

LUGARES DESTACADOS DA ETAPA

Preme nas imaxes para velas en tamaño completo

SUBIR