O último tramo é case todo descenso. O descenso acumulado de case mil metros e unhas subidas apenas apreciables fan que en teoría o tramo sexa bastante doado, malia ter á beira dos ríos algún tramo máis técnico.  Comezamos descendendo ata Aldariz e Comparada, indo por longas pistas da Concentración Parcelaria, ata que acadamos The Vilacoba Hydroelectric Company, un pequeno encoro de 1920 que alimentaba unha minicentral que orixinaba electricidade para as minas de San Fins, no concello de Lousame. Seguimos pola canalización da minicentral nun tramo ben bonito ata que descendemos ata o río Vilacoba, chegando á minicentral e onde haberá o penúltimo avituallamento da proba.

A partir de aí case todo o percorrido consiste en seguir os tramos de río, primeiro o Vilacoba e logo o Río de San Xusto. Pasamos por sendeiros marcados do Concello de Lousame por bosques de ribeira, batáns e antigas papeleiras, como as ruínas da papeleira de Brandía e da maxestuosa papeleira de Fontán.  Finalmente, tras un tramo moi tranquilo, entramos no concello e vila de Noia onde completaremos os 100km xusto no punto de saída, diante do Concello.

  • ORIXEA MURALLA
  • DESTINONOIA
  • DISTANCIA19,2 KMs
  • SUBIDA309 metros
  • BAIXADA946 metros
  • AVITUALLAMENTOS
    MINICENTRAL DE VILACOBA KM 88,5

    NOIA KM 100
Media

Mapa e perfil da 5ª etapa

Preme nas imaxes para velas en tamaño completo

FOTOS

LUGARES DESTACADOS DO TRAMO

Preme nas imaxes para velas en tamaño completo

SUBIR