REGULAMENTO

Ámbito

do Regulamento

Os 100 dos International Trekkers é unha proba non competitiva de sendeirismo/ultratrail de 100 Km a realizar nun máximo de 24 horas, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar e pertencente á Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.

A proba ten como saída Noia ás 16h do 24 de xuño de 2016.  O percorrido, balizado, é de 100km polos concellos de Noia, Son, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Lousame, a completar nun tempo máximo de 24 horas.  A proba rematará, polo tanto, ás 16h do 25 de xuño de 2016.

A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.

Ten o seguinte regulamento:

Seguros

e estado da saúde

A organización, aínda que subscribirá un seguro de accidentes e responsabilidade civil, non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.

Os participantes teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores. É conveniente que dispoñan de licenza federativa (ficha montaña), ou dalgún seguro deportivo particular, aínda que non é obrigatorio.

Ao inscribirse, os participantes declaran non padecer lesión algunha que poida agravarse como consecuencia da realización da proba, eximindo á organización de calquera responsabilidade derivada delo.

É responsabilidade do participante facerse os test, chequeos ou probas médicas necesarias para verificar o seu axeitado estado de saúde.

Inscricións

e cancelacións

O único lugar para inscribirse é a web 2017.itrekkers.org mediante o pagamento por PayPal.  O límite de inscritos está fixado en 300 e a última data para inscribirse é o 10 de xuño. Non se admitirán máis inscritos pasada esa data ou unha vez chegado ó límite de 300.

As inscricións serán persoais e intrasnferibles.  O importe das inscricións para os 100 do 2017, son:

  • Entre o 8 de Febreiro e o 31 de Marzo, 50€
  • Entre o 1 de Abril e o 10 de Xuño, 75€
  • Non se admitirán inscritos a partir do 10 de Xuño.

Unha vez que se chegue ó límite de 300 habilitarase unha lista de espera por se algún dos inscritos se dea de baixa.  Os inscritos nesta lista de espera, unha vez comunicada a dispoñibilidade de participación deberán complementar a inscrición nun prazo de 24 horas.

A organización permitirá un máximo de dous acompañantes por inscrito para o xantar de confraternización con un custo de 15€/persoa.  As entradas para os acompañantes pagaranse por adiantado na propia páxina dos itrekkers.org

– O importe da inscrición será reembolsable con estas condicións:

  • Ata o 31 de maio, devolución do 90% do abonado OU 100% coma adianto da inscrición para a edición do vindeiro ano, se houbese. O participante contactará por correo electrónico á organización solicitando a cancelación da súa participación e indicará se solicita devolución do 90% do abonado ou prefire o 100% coma adianto da inscrición da edición do 2018, se houbese.
    • Se o participante desexa a devolución do 90%, debe coordinar coa organización cómo se efectuará a devolución (Paypal, transferencia bancaria...), que é decisión última da organización.
    • Se o participante desexa que a cantidade abonada se utilice coma adianto da edición do 2018, se houbese, o valor abonado en 2017 subtraerase da cantidade da inscrición do momento en que se inscriba no 2018. Para elo debe indicar na sección “comentarios” da Inscrición que ten a súa praza parcialmente prepagada.
  • Nas cancelacións a partir do 1 de xuño non se devolverá ningunha cantidade nin se poderá utilizar como adianto para a edición do vindeiro ano.

O feito de facer a inscrición implica que tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización, así como a aceptación de que o nome do inscrito figure na páxina web.

Antes

da proba. Control de saída

Dende as 13:30h do día 24 de xuño estará habilitado na zona de control de Saída/Chegada a entrega de pulseiras identificativas e localizadores GPS.  Tódolos participantes deben achegarse a esta zona entre 13:30 e 15:30h.

– Os participantes só poderán recoller un dorsal, e dicir: a entrega de dorsais será persoal e intransferible; e terán a obriga de firmar a folla de control antes da saída da proba.

Durante

a proba. Abandono e incidencias

Tódolos participantes que teñan algunha incidencia durante a proba deberán contactar co teléfono de emerxencias ou comunicarllo a persoal da proba que estará identificado.  Para abandonos, debe chegar ó posto de control ou avituallamento máis cercando dende onde será trasladado á saída/chegada en coche. Todos os participantes deberán pasar pola saída/meta en Noia para entregar o localizador GPS e recoller camisetas e agasallos.

Durante

a proba. Material obrigatorio

É obrigatorio que os participantes leven consigo o seguinte material durante os 100km. O feito de non levar consigo parte deste material pode facer que se descualifique:
** OBRIGATORIO dende o principio da proba:  

  • Pulseira identificativa da proba colocada nun lugar visible do corpo
  • LOCALIZADORES GPS: É obrigación do participante levar aceso constantemente os localizadores GPS entregados e devolvelos en boas condicións ó finalizar a proba.
  • Contedor para líquidos
  • Lanterna ou frontal
  • Gorra ou pano
  • Teléfono móbil con batería e saldo dabondo,
  • Chifre ou silbato para emerxencias.

** OPCIONAL, recomendado: manta de emerxencia, luz traseira cor vermello, alimentos, chaqueta impermeable con membrana transpirable.

– Os participantes terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances, nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.

Durante

a proba. Outras consideracións

A organización resérvase o dereito de poder retirar aos participantes que entenda no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba ou as que non respecten o medio.

A proba estará sinalizada con cintas reflectantes, pintura e, no tramo nocturno, luminarias.

Os participantes menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba.

Botar lixo fóra dos contedores axeitados está prohibido e implicará a EXPULSIÓN INMEDIATA da proba.

Despois

da proba

Todos os participantes que cubran os 100km do que consta a proba terán dereito a unha medalla de Finisher, de deseño propio, e diploma indicando o tempo acadado.

Todos os inscritos que fagan a saída teñen dereito á camiseta ou prenda conmemorativa e ó xantar de confraternización que se celebrará a partir das 14h na chegada.  Tamén teñen dereito a adquirir duas invitacións por participante para familiares ou amigos ó prezo indicado pola organización.

Xantar de confraternización para acompañantes: Ó igual que coa participación na proba, o importe do xantar de confraternización para acompañantes será reembolsable ata o 31 de maio, devolvendo o 90% do abonado. O participante contactará por correo electrónico á organización solicitando a cancelación da participación do(s) acompañante(s) e indicará que solicita devolución do 90% do abonado. Esta devolución será mediante a pasarela PayPal.

Nas cancelacións a partir do 1 de xuño non se devolverá ningunha cantidade.

Dereitos

de imaxe

A aceptación do presente regulamento implica obrigatoriamente que o participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, dá o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe para a promoción e difusión da imaxe da proba en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, internet, cartelería, medios de comunicación, etc.) e cede tódolos dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen dereito pola súa parte de recibir compensación económica algunha.

– O feito de facer a inscrición implica que tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización, así como a aceptación de que o nome do inscrito figure na páxina web.

A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento previo aviso ós participantes no correo electrónico facilitado na inscrición e na web itrekkers.org

SUBIR