Os 100 do Barbanza

Percorrendo os sete concellos da comarca
A primeira proba de 100 km en Galicia
2024/06/22 00:00:00

OS 100 DO BARBANZA 2024

22 e 23 de xuño de 2024 – Rianxo

IX Edición Os 100 do Barbanza

A andaina de 24 horas de “Os 100 do Barbanza” do 2024 vaise levar a cabo os días 22 e 23 de Xuño de 2024, saíndo ás 16:00 horas do sábado 22 de Xuño desde Rianxo (A Coruña). É unha proba non competitiva que se poderá realizar correndo ou andando, sen ningún tipo de restricción, sempre que se cumpran uns tempos de paso mínimos nos controis (aprox. 4,5 km/hora).

O percorrido estará completamente balizado e realizarase por camiños, sendeiros e pistas forestais e, en pequena proporción, por asfalto. Haberá 10 avituallamentos ao longo do percorrido que contarán cos aportes nutricionais e enerxéticos axeitados para unha proba deste nivel. Servirase unha cea quente e no km 100, á chegada, celebrarase un xantar de confraternización entre a organización, voluntarios e participantes.

O percorrido transcorre polos 7 concellos da comarca do Barbanza: Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e regreso ao punto de partida en Rianxo. A ruta ten enormes atractivos paisaxísticos, culturais e históricos, a través de camiños ancestrais, sendas fluviais, pistas e corredoiras.

Establécese un límite de 300 inscricións, cuxo coste é de 70€ para o primeiro tramo (entre o 15 de marzo e o 30 de abril) e de 90€ para o segundo tramo (entre o 1 de maio e o 10 de xuño).

DÚBIDAS SOBRE AS INSCRICIÓNS

Pódese pagar por transferencia ou ó contado no día da proba?
Non. Unicamente mediante a pasarela de pago desta páxina. O pago na nosa pasarela é 100% seguro.

Cal é o coste das inscricións?
O importe das inscricións para os 100 do 2024, son:
• Entre o 15 de marzo e o 30 de abril: 70€
• Entre o 1 de maio e o 10 de xuño: 90€

Non se admitirán inscritos a partir do 11 de Xuño. Por razóns operativas, existe un límite de 300 inscritos. Unha vez que se cubra, abrirase unha lista de reserva, non podendo garantir a súa inclusión na proba.

Que pasa se me inscribo e logo non podo acudir por algunha razón de forza maior?
As inscricións serán persoais e intransferibles. O importe da inscrición será reembolsable con estas condicións:

• O importe da inscrición será reembolsable ata o 5 de xuño, cunha penalización por gastos do 10% da inscrición realizada. A partir do 6 de xuño non se devolverá a inscrición en ningún caso.
• Se o participante desexa a devolución do 90%, debe coordinar coa organización como se efectuará a devolución, que é decisión última da organización.
• Nas cancelacións a partir do 6 de xuño non se devolverá ningunha cantidade.

Onde me podo inscribir e comprobar se estou ben inscrito?
A páxina de inscrición é o único lugar onde te podes inscribir, e pagar mediante a pasarela segura. Hai unha listaxe de inscritos actualizada.

PREGUNTAS SOBRE A PROBA

O percorrido vai estar marcado e balizado?
Totalmente. O percorrido estará sinalizado suficientemente, cunha mistura de cintas, sinais chantados no chan e spray para minimizar a posibilidade de perda. Na zona nocturna poremos marcas fluorescentes. Ademáis, a partir de principios de xuño poremos na páxina web a posibilidade de descargar os tramos en GPX para podelos cargar en cadanseu GPS.

Hai limitacións de velocidade?
Non hai limitacións de máxima velocidade, pero os controis e avituallamentos pecharán se non se chega a un mínimo de velocidade (aproximadamente 4,5 km/h). Polo tanto, os 100 pódense facer correndo ou andando, pero non vaias demasiado lento, que se non non chegarás en 24 horas.

Hai limitacións de idade?
Non, non hai limitación de idade máxima. Si, de idade mínima, xa que os menores de 18 anos deben estar acompañados sempre por un adulto que se faga responsable, e proporcione unha autorización asinada polos pais ou titores.

Haberá avituallamentos ou teño que levar comida e bebida comigo?
Vai haber 10 avituallamentos, onde haberá líquidos e sólidos e servirase unha cea, con comida quente, Aínda así é obrigatorio que todo participante leve un contedor de líquido e recomendamos tamén levar algo de comida entre avituallamentos.

É necesario levar algo máis?
É obrigatorio que os participantes leven consigo o seguinte material durante os 100km.

• Pulseira identificativa da proba colocada nun lugar visible do corpo
• LOCALIZADORES GPS: É obrigación do participante levar aceso constantemente os localizadores GPS entregados e devolvelos en boas condicións ó finalizar a proba. Non ter activo o localizador GPS pode ser causa descualificación.
• Mochila ou bolsa para transportar o material esixido.
• Contedor para líquidos (mínimo 0,5 litros)
• Frontal ou lanterna
• Teléfono móbil con batería e saldo dabondo, cos teléfonos da organización.
• Chifre ou pito para emerxencias
• Manta térmica ou de supervivencia de tamaño mínimo 1,20m x 2,10m
• O material obrigatorio será requirido no control de dorsais e en calquera parte do percorrido, e todos os participantes estarán obrigados a someterse a dito control, baixo pena de sanción ou descualificación da proba.

Tamén aconsellamos levar o seguinte equipo:
• Luz traseira cor vermello, colocada na parte posterior do participante e acesa durante a noite.
• Alimentos.
• Chaqueta impermeable con membrana transpirable con capucha.
• Gorra ou pano.
• Pantalóns ou mallas longas durante a noite.
• Camiseta térmica de manga longa durante a noite
• Crema solar.

Váisenos achegar ata algún punto intermedio algunha bolsa nosa?
Si; na saída vai haber unha espazo para deixar bolsas identificadas co número de dorsal que se trasladarán ata un punto de avituallamento, e que logo se trasladarán de novo ao km 100.

A vosa bolsa pode conter o que queirades, sempre que non teña un peso de máis de 5 kg. Pódese incluír o material que se necesite: roupa, alimentación, calzado, etc. Se se entrega por exemplo unha bolsa deportiva, haberá de meterse dentro da bolsa que proporcionará a organización cunha etiqueta adhesiva (tamén facilitada pola organización) co número de dorsal do participante.

A organización levará unha bolsa ata un punto de avituallamento previamente informado. Alí os participantes poderán coller e deixar o material que desexen. Logo a organización volverá a trasladala ata o lugar da saída/chegada.

A organización velará por todo o material entregado, pero non se pode facer responsable de posibles perdas do material.

É circular? Lévasenos ata a saída ou chegada? Teléfono de emerxencia?
A proba é circular, sae e chega en Rianxo. No caso de abandonar durante o percorrido, pídese que se abandone nos avituallamentos, agás por razón de forza maior. Dende alí serán transportados ata Rianxo pola organización. Habilitarase un teléfono de emerxencias ao que contactar en caso de forza maior se non se pode chegar a un avituallamento.

DESPOIS DA PROBA

Que se entrega aos participantes?
Tódolos participantes terán unha prenda conmemorativa da proba. Aparte, os que completen no prazo de 24 horas os 100km, obterán unha medalla de finisher e un diploma indicando o tempo que necesitaron para cubrir todo o percorrido.

En que consiste o xantar de chegada?
A organización organiza un xantar entre participantes e voluntarios coa idea de que sirva de relax, para comentar os episodios vividos nas últimas horas, e para dar a benvida ós últimos que chegan. O menú de edicións anteriores consistiu en empanada, mexillóns, polbo, carne…

O principal obxectivo do Club é organizar unha proba de 100km, non unha comida, por xentileza permitimos que algún acompañante dos participantes asista ao xantar. Polo tanto, permítese a asistencia de acompañantes dos participantes, previa adquisición da entrada, cun custo de 20€ por acompañante e poderá adquirirse na web dos itrekkers. Deberá presentarse esta entrada para poder acceder ao xantar.

A saída e chegada da proba está localizada no concello de Rianxo, Pavillón Deportes Rianxo «José Manuel Abuín». Está situado no centro urbano, nunha posición privilexiada preto de marabillas paisaxísticas, culturais e turísticas.

¿QUEN SOMOS?

O Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar (ITBS), é un club de montañismo composto por entusiastas das bisbarras do Sar (concellos de Padrón, Rois e Dodro) e do Barbanza (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto do Son). O club foi fundado en 2013 para poder organizar e xestionar a primeira proba en Galicia de ultrafondo (100 km en 24 horas).

Os ITBS está composto por fondistas con moita experiencia en probas de ultrafondo, sendo moi habitual a súa presenza en andainas de 50km pola xeografía galega e norte de Portugal. Son uns habituais na Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo

VOLUNTARIOS

Para poder sacar adiante unha proba destas características necesitamos voluntari@s para controlar, cronometrar, avituallar, repartir dorsais, axudar á organización,…

Contactaremos contigo para ver como nos podes axudar e intentaremos que o poidas pasar en grande.

Moitas grazas pola túa participación. Todos xunt@s faremos de Os 100 un gran evento e @s participantes levaranse un recordo inesquecible das nosas costas e montañas.

Buscamos xente que queira participar en esta experiencia e axude a xente a facer os 100KMs.

CÓMO:

Na saída e na chegada
Nos avituallamentos
Nos controis de paso
Persoal asistencial
Outra maneira de vivir os 100, de participar en eles, de vivir a experiencia.

Se es un deles, APÚNTATE!!!

Envíanos un correo a direccion@itrekkers.org

COLABORADORES