Os 100 do Barbanza

Percorrendo os sete concellos da comarca
A primeira proba de 100 km en Galicia
2026/06/20 16:00:00

OS 100 DO BARBANZA 2026

20 e 21 de xuño de 2026 – Noia

XI Edición Os 100 do Barbanza

Os 100 dos International Trekkers é unha proba non competitiva de sendeirismo/ultratrail de 100 Km a realizar nun máximo de 24 horas, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar.

A proba ten como lugar de saída o Pavillón Polideportivo Alonso Rodriguez, no concello de Noia, ás 16 h do 20 de xuño de 2026. Trátase dun percorrido balizado circular de 100 km, que discorre polos concellos de Noia, Lousame, Rianxo, Boiro, A Pobra ,Ribeira e Porto do Son , a completar nun tempo máximo de 24 horas. A proba remata, polo tanto, ás 16h do 21 de xuño no mesmo lugar da saída en Noia. Débese realizar o percorrido completo polo itinerario indicado no track, que será facilitado a todas as persoas participantes con anterioridade suficiente.

Trátase dunha proba de resistencia e unicamente se poderá facer correndo ou andando como medio de progresión, estando prohibido calquera tipo de axuda externa ou implemento que non sexan os propios medios físicos e os bastóns de sendeirismo.

Finalizará a proba todo aquel participante que chegue á meta dentro das 24 horas posteriores ao inicio da mesma e que, ademais, pasara por todos os puntos de control establecidos pola organización.

A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.

Esta proba forma parte da Liga Galega de Andainas e da Liga Ibérica de Sendeirismo.

DÚBIDAS SOBRE AS INSCRICIÓNS

Pódese pagar por transferencia ou ó contado no día da proba?
Non. Unicamente mediante a pasarela de pago desta páxina. O pago na nosa pasarela é 100% seguro.

Cal é o coste das inscricións?
O importe das inscricións para os 100 do 2026, son:
• Entre o 20 de febreiro e o 31 de marzo (ambos incluídos): 70€
• Entre o 1 de abril e o 31 de Maio (ambos incluídos): 90€

Non se admitirán inscritos a partir do 31 de Maio. Por razóns operativas, existe un límite de 300 inscritos. Unha vez que se cubra, abrirase unha lista de reserva, non podendo garantir a súa inclusión na proba.

Que pasa se me inscribo e logo non podo acudir por algunha razón de forza maior?
As inscricións serán persoais e intransferibles. O importe da inscrición será reembolsable con estas condicións:

• O importe da inscrición será reembolsable ata o 31 de Maio, cunha penalización por gastos do 10% da inscrición realizada. A partir do 1 de xuño non se devolverá a inscrición en ningún caso.
• Se o participante desexa a devolución do 90%, debe coordinar coa organización como se efectuará a devolución, que é decisión última da organización.
• Nas cancelacións a partir do 6 de xuño non se devolverá ningunha cantidade.

Onde me podo inscribir e comprobar se estou ben inscrito?
A páxina de inscrición é o único lugar onde te podes inscribir, e pagar mediante a pasarela segura. Hai unha listaxe de inscritos actualizada.

PREGUNTAS SOBRE A PROBA

O percorrido vai estar marcado e balizado?
Totalmente. O percorrido estará sinalizado suficientemente, cunha mistura de cintas, sinais chantados no chan e spray para minimizar a posibilidade de perda. Na zona nocturna poremos marcas fluorescentes. Ademáis, a partir de principios de xuño poremos na páxina web a posibilidade de descargar os tramos en GPX para podelos cargar en cadanseu GPS.

Hai limitacións de velocidade?
Non hai limitacións de máxima velocidade, pero os controis e avituallamentos pecharán se non se chega a un mínimo de velocidade (aproximadamente 4,5 km/h). Polo tanto, os 100 pódense facer correndo ou andando, pero non vaias demasiado lento, que se non non chegarás en 24 horas.

Hai limitacións de idade?
Non, non hai limitación de idade máxima. Si, de idade mínima, xa que os menores de 18 anos deben estar acompañados sempre por un adulto que se faga responsable, e proporcione unha autorización asinada polos pais ou titores.

Haberá avituallamentos ou teño que levar comida e bebida comigo?
Vai haber 10 avituallamentos, onde haberá líquidos e sólidos e servirase unha cea, con comida quente, Aínda así é obrigatorio que todo participante leve un contedor de líquido e recomendamos tamén levar algo de comida entre avituallamentos.

É necesario levar algo máis?
É obrigatorio que os participantes leven consigo o seguinte material durante os 100km.

• Pulseira identificativa da proba colocada nun lugar visible do corpo
• LOCALIZADORES GPS: É obrigación do participante levar aceso constantemente os localizadores GPS entregados e devolvelos en boas condicións ó finalizar a proba. Non ter activo o localizador GPS pode ser causa descualificación.
• Mochila ou bolsa para transportar o material esixido.
• Contedor para líquidos (mínimo 0,5 litros)
• Frontal ou lanterna
• Teléfono móbil con batería e saldo dabondo, cos teléfonos da organización.
• Chifre ou pito para emerxencias
• Manta térmica ou de supervivencia de tamaño mínimo 1,20m x 2,10m
• O material obrigatorio será requirido no control de dorsais e en calquera parte do percorrido, e todos os participantes estarán obrigados a someterse a dito control, baixo pena de sanción ou descualificación da proba.

Tamén aconsellamos levar o seguinte equipo:
• Luz traseira cor vermello, colocada na parte posterior do participante e acesa durante a noite.
• Alimentos.
• Chaqueta impermeable con membrana transpirable con capucha.
• Gorra ou pano.
• Pantalóns ou mallas longas durante a noite.
• Camiseta térmica de manga longa durante a noite
• Crema solar.

Váisenos achegar ata algún punto intermedio algunha bolsa nosa?
Si; na saída vai haber unha espazo para deixar bolsas identificadas co número de dorsal que se trasladarán ata un punto de avituallamento, e que logo se trasladarán de novo ao km 100.

A vosa bolsa pode conter o que queirades, sempre que non teña un peso de máis de 5 kg. Pódese incluír o material que se necesite: roupa, alimentación, calzado, etc. Se se entrega por exemplo unha bolsa deportiva, haberá de meterse dentro da bolsa que proporcionará a organización cunha etiqueta adhesiva (tamén facilitada pola organización) co número de dorsal do participante.

A organización levará unha bolsa ata un punto de avituallamento previamente informado. Alí os participantes poderán coller e deixar o material que desexen. Logo a organización volverá a trasladala ata o lugar da saída/chegada.

A organización velará por todo o material entregado, pero non se pode facer responsable de posibles perdas do material.

É circular? Lévasenos ata a saída ou chegada? Teléfono de emerxencia?
A proba é circular, sae e chega en Rianxo. No caso de abandonar durante o percorrido, pídese que se abandone nos avituallamentos, agás por razón de forza maior. Dende alí serán transportados ata Rianxo pola organización. Habilitarase un teléfono de emerxencias ao que contactar en caso de forza maior se non se pode chegar a un avituallamento.

DESPOIS DA PROBA

Que se entrega aos participantes?
Tódolos participantes terán unha prenda conmemorativa da proba. Aparte, os que completen no prazo de 24 horas os 100km, obterán unha medalla de finisher e un diploma indicando o tempo que necesitaron para cubrir todo o percorrido.

En que consiste o xantar de chegada?
A organización organiza un xantar entre participantes e voluntarios coa idea de que sirva de relax, para comentar os episodios vividos nas últimas horas, e para dar a benvida ós últimos que chegan. O menú de edicións anteriores consistiu en empanada, mexillóns, polbo, carne…

O principal obxectivo do Club é organizar unha proba de 100km, non unha comida, por xentileza permitimos que algún acompañante dos participantes asista ao xantar. Polo tanto, permítese a asistencia de acompañantes dos participantes, previa adquisición da entrada, cun custo de 20€ por acompañante e poderá adquirirse na web dos itrekkers. Deberá presentarse esta entrada para poder acceder ao xantar.

A saída e chegada da proba está localizada no concello de Noia, Pavillón Deportes  «Alonso Rodriguez». Está situado no centro urbano, nunha posición privilexiada preto de marabillas paisaxísticas, culturais e turísticas.

Regulamento os 100 do Barbanza 2026

Os 100 dos International Trekkers é unha proba non competitiva de sendeirismo/ultratrail de 100 Km a realizar nun máximo de 24 horas, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar.

A proba ten como lugar de saída o Pavillón Polideportivo Alonso Rodriguez, no concello de Noia, ás 16 h do 20 de xuño de 2026. Trátase dun percorrido balizado circular de 100 km, que discorre polos concellos de Noia, Lousame, Rianxo. Boiro, A Pobra, Ribeira e Porto do Son a completar nun tempo máximo de 24 horas. A proba remata, polo tanto, ás 16h do 21 de xuño no mesmo lugar da saída en Noia.  Débese realizar o percorrido completo polo itinerario indicado no track, que será facilitado a todas as persoas participantes con anterioridade suficiente.

Trátase dunha proba de resistencia e unicamente se poderá facer correndo ou andando como medio de progresión, estando prohibido calquera tipo de axuda externa ou implemento que non sexan os propios medios físicos e os bastóns de sendeirismo.

Finalizará a proba todo aquel participante que chegue á meta dentro das 24 horas posteriores ao inicio da mesma e que, ademais, pasara por todos os puntos de control establecidos pola organización.

A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.

Esta proba forma parte da Liga Galega de Andainas e da Liga Ibérica de Sendeirismo.

Seguros e estado da saúde

A proba conta cun seguro de responsabilidade civil a fin de cubrir as incidencias que puideran xurdir. A organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes e non resulten cubertas polo seguro contratado, estando polo tanto exenta do pago de calquera tipo de indemnización.

As persoas participantes ao inscribirse decláranse conscientes das implicacións da proba: as implicacións físicas da realización dun esforzo físico continuado durante as horas que leve completala, a dureza do percorrido e as posibles lesións que poidan derivarse da súa realización.

Os/as participantes teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores. Deberán ter licenza federativa deportiva para ano en curso (autonómica galega ou FEDME).  En caso de non estar federados, deberán poñelo en coñecemento da organización a través do formulario de inscrición. A organización subscribirá un seguro de día específico para a proba, segundo o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño. Estas persoas non acadarán puntuación na Liga Galega de Sendeirismo 2026.

Ao inscribirse, os/as participantes declaran non padecer lesión algunha que impida ou dificulte a realización da proba, así como ningunha doenza que poida agravarse como consecuencia da realización da proba, eximindo á organización de calquera responsabilidade derivada delo.

É responsabilidade do/a participante facerse os test, chequeos ou probas médicas necesarias para verificar o seu axeitado estado de saúde.

O/a participante comprométese a eximir á organización e colaboradores e/ou a calquera persoa física ou xurídica vencellada coa organización da proba, das responsabilidades derivadas de calquera accidente causado tanto por motivo de participación na proba como por accidentes deportivos.

O/a participante comprométese a eximir aos anteriormente citados de calquera prexuízo que, por motivos de saúde, puideran derivarse da súa participación na proba, asumindo persoalmente o risco inherente para a saúde que supón a realización do esforzo físico requirido para a participación na mesma.

O/a participante autoriza expresamente aos servizos médicos da proba a que se lles preste a asistencia médico-sanitaria que fose necesaria e a que se lle practique calquera cura que puidera necesitar, estando ou non en condicións de solicitala e comprometéndose ademais a abandonar a proba a requirimento dos servizos médico-sanitarios, se o estiman necesario para a saúde do participante.

O/a participante tamén se compromete a eximir aos anteriormente sinalados de calquera responsabilidade que puidera derivarse da participación na proba.

Inscricións

O único lugar para inscribirse é a través da páxina web publicada pola organización e mediante o pagamento por plataforma, con acceso dende www. itrekkers.org. A data límite para inscribirse é o 31 de Maio de 2026.

O límite de inscricións está fixado en 300 participantes. Non se admitirán máis inscricións pasado o 31 de Maio ou unha vez chegado ao límite de 300. No caso de completarse o límite de 300 inscricións antes do 31 de Maio, habilitarase unha lista de agarda por si se producise algunha baixa de inscritos/as. As persoas inscritas nesta lista de agarda, deberán formalizar a súa inscrición nun prazo de 24 horas, unha vez comunicada a dispoñibilidade de participación.

As inscricións serán persoais e intransferibles. O importe das inscricións para os 100 do 2026, son:

●       Entre o 20 de febreiro e o 31 de marzo (ambos incluídos): 70€

●       Entre o 1 de abril e o 31 de Maio (ambos incluídos): 90€

●       Non se admitirán inscritos a partir do 31 de Maio ou unha vez chegado ao límite de 300 inscricións.

O importe da inscrición será reembolsable ata o 31 de maio, cunha penalización por gastos de xestión do 10% do importe pagado.  A partir do 1 de xuño non se devolverá o importe da inscrición en ningún caso.

O prezo da inscrición inclúe:

–        Bolsa con agasallos

–        Camiseta da proba

–        Avituallamentos sólidos e líquidos, incluída cea

–        Xantar final de confraternidade para

–        Aluguer de dispositivos de xeolocalización

–        Servizos médicos e de ambulancia, dispositivo de seguridade, seguro de accidentes, seguro de responsabilidade civil, etc.

–        Xestión de recollida e entrega de dúas bolsas vida

–        Medalla e diploma de participación na proba

A organización permitirá a inscrición de acompañantes para o xantar de confraternidade cun custo de 25€/persoa. As entradas para os/as acompañantes pagaranse por adiantado na propia páxina da inscrición, e sempre antes do límite do 6 de xuño. Será imprescindible aportar a entrada para acceder ao xantar de confraternidade.

O feito de facer a inscrición implica que todos os/as participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización, así como a aceptación de que o nome e apelidos da persoa inscrita figure na páxina web da proba ou naquelas plataformas de inscrición contratadas.

Equipo obrigatorio e aconsellable

É obrigatorio que os participantes leven consigo o seguinte material durante os 100km.

** OBRIGATORIO dende o principio da proba:

●       Pulseira identificativa da proba colocada nun lugar visible do corpo, preferentemente no pulso.

●       LOCALIZADORES GPS: É obrigación do participante levar aceso constantemente os localizadores GPS entregados e devolvelos en boas condicións ó finalizar a proba. Non ter activo o localizador GPS pode ser motivo de descualificación.

●       Mochila ou bolsa para transportar o material esixido

●       Contedor para líquidos (mínimo 0,5 litros)

●       Frontal ou lanterna (recomendable levar 2 ou 1 e baterías de reposto)

●       Teléfono móbil con batería e saldo dabondo, cos contactos da organización gravados.

●       Chifre ou pito para emerxencias

●       Manta térmica ou de supervivencia de tamaño mínimo 1,20m x 2,10m

O material obrigatorio será requirido no control de dorsais e en calquera parte do percorrido, e todos os participantes estarán obrigados a someterse a dito control, baixo pena de sanción ou descualificación da proba.

** Equipo aconsellable:

●       Luz traseira cor vermello, colocada na parte posterior do participante e acesa durante a noite

●       Bastóns de sendeirismo

●       Spray antimosquitos

●       Alimentos

●       Chaqueta impermeable con membrana transpirable con capucha.

●       Gorra ou pano.

●       Pantalóns ou mallas longas durante a noite.

●       Camiseta térmica de manga longa durante a noite

●       Crema solar

O/a participante comprométese a eximir á organización e/ou colaboradores de calquera responsabilidade que  puidera derivarse da participación na proba, tal como perda ou deterioro de obxectos persoais, roubo, extravíos ou outras circunstancias.

A organización resérvase o dereito de esixir algún material obrigatorio a maiores en función da climatoloxía (roupa impermeable, roupa de abrigo, gorra, etc) o que se avisará coa antelación suficiente.

Antes da proba:  Control de saída

Entre as 13:00h e as 15:30h do día 20 de xuño, habilitarase na zona de control de saída (Pavillón polideportivo Alonso Rodriguez),  a entrega de pulseiras  identificativas (dorsais) e localizadores GPS. Todos/as participantes deben achegarse a esta zona entre 13:00 e 15:30h.

Os/as participantes só poderán recoller un dorsal, e dicir: a entrega dos dorsais será persoal e intransferible; e terán a obriga de firmar a folla de control antes da saída da proba.

Os/as participantes deberán asinar un documento comprometéndose a devolver o localizador GPS ao finalizar a proba. En caso de non facelo, comprométense a pagar un recargo de 200€.

Bolsas de Vida:

 

Xunto co dorsal e o dispositivo GPS, entregarase a todos/as participantes dúas bolsas (unha amarela e outra verde) con etiquetas identificativas. No mesmo punto de control de saída, os/as participantes farán entrega das dúas bolsas de vida, co material que desexen que se lle entregue nos dous puntos do percorrido no que se habilitará a entrega das devanditas bolsas de vida:

–        1ª Bolsa Vida: será de cor amarela e porase a disposición dos/as participantes no , no Km. 45 aprox.

–        2ª Bolsa Vida: será de cor verde e porase a disposición dos/as participantes no  , no Km. 80 aprox.

 

O peso máximo de cada bolsa son 5 kg.  A organización comprométese a extremar o coidado e a custodia das bolsas de vida, pero non se fai responsable da súa perda ou extravío, polo que se recomenda non levar obxectos de valor.

 

Durante a proba

Abandonos e incidencias:

Os/as participantes que teñan algunha incidencia durante a proba deberán contactar co teléfono de emerxencias facilitado pola organización ou comunicalo ao persoal colaborador da proba, que estará identificado. Para abandonos, deberase chegar ao posto de control ou avituallamento máis cercando dende onde será trasladado á saída/chegada en coche. Todos/as os/as participantes deberán pasar obrigatoriamente pola saída/meta en Noia (Pavillón polideportivo Alonso Rodriguez) para entregar o localizador GPS.

A organización establecerá uns tempos mínimos para pasar polos diferentes avituallamentos e controis baseados nun tempo máximo razoable de paso.  Este tempo máximo razoable será baseado no criterio da organización, e non se permitirá aos participantes pasar despois do peche dos controis.  Nos días previos á saída enviarase información detallada a os/as participantes cos horarios de peche dos controis.

A organización non cortará en ningún momento a circulación, e os/as participantes respectarán as normas viarias en poboacións, estradas e camiños de uso e dominio público, e extremarán a precaución en cruces coas estradas e zonas habitadas.

Será obrigatorio respectar os cultivos, o gando e a propiedade privada en xeral. En caso contrario, os/as participantes serán responsables dos posibles danos ocasionados como consecuencia de comportamentos desapropiados, ademais de poder ser descualificados pola organización.

A organización disporá dos servizos de asistencia sanitaria, ambulancia, Protección Civil e da Policía Local dos concellos polos que pasa a proba durante o transcurso da mesma.

 

 

Poden ser motivos de descualificación:

●       Botar lixo fóra dos contedores axeitados está prohibido e implicará a expulsión inmediata da proba.

●       Non axudar ou socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como non avisar das continxencias. nos controis de paso que se atopen máis preto do lugar da incidencia.

●       Apagar ou ocultar o sinal do localizador GPS.

●       Proporcionar datos falsos na inscrición.

●       Non respectar o itinerario balizado ou os sinais do percorrido, ou atallar para entrar por algún tramo do mesmo.

●       Quitar ou cambiar os elementos e marcas de sinalización postos pola organización.

●       Non levar o material requirido pola organización.

●       Non facer caso ás indicacións da organización.

●       Non pasar a tempo polo controis de paso establecidos.

Despois da proba

Todos os/as participantes que percorran os 100km da proba terán dereito a unha medalla de Finisher, de deseño propio, e diploma indicando o tempo acadado.

Todos os inscritos que fagan a saída teñen dereito á camiseta ou prenda conmemorativa, así como á bolsa con agasallos. Tamén teñen dereito a adquirir unha invitación para acompañante ao prezo indicado pola organización.

Duchas. Haberá servizo de duchas no Pavillón polideportivo Alonso Rodriguez de Noia

Outras consideracións

A proba estará sinalizada ao longo de todo o recorrido con cintas reflectantes. Aqueles puntos onde sexa posible e necesario, reforzaranse con pintura biodegradable.

A actividade encádrase como proba de andaina, que implica un exercicio físico con fins de ocio, turístico ou cultural, polo que se exclúe expresamente a competición.  Non hai premios en función do posto de chegada.

A organización resérvase o dereito de poder retirar ás persoas participantes que, de acordo ao criterio médico, entenda que non se atopan nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, a aquelas que non respecten o medio, ou por calquera outro motivo que a organización considere causa de descualificación.

A organización resérvase o dereito a modificar horarios e/ou percorridos, así como a aprazar ou suspender a carreira, se así o estima oportuno, por razóns de seguridade, de saúde ou meteorolóxicas.  No caso de que para os días de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa ou vermella polas autoridades, a proba será suspendida cautelarmente e buscarase unha data alternativa para desenvolvela.

A idade mínima para participar serán os 16 anos. Os participantes menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba, debendo asinar a correspondente folla de autorización e responsabilidade.

Non está permitido levar animais de compañía no transcurso da actividade.

A organización non se fai responsable dos gastos ou débedas que puidesen contraer as persoas participantes durante o percorrido.

Dereitos de imaxe

A aceptación do presente regulamento implica, salvo petición expresa en contra, que o/a participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma e dá o seu consentimento para a utilización da súa imaxe para a promoción e difusión da proba en todas as súas formas, incluíndo, de maneira enunciativa pero non limitativa, radio, prensa, vídeo, fotografía, internet, redes sociais, cartelería e calquera outro medio de comunicación, tanto físico como dixital.

Así mesmo, o/a participante cede de forma expresa, gratuíta e indefinida todos os dereitos de explotación da súa imaxe derivados da súa participación na proba, incluíndo os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, sen que por iso teña dereito a percibir contraprestación económica ningunha.

Esta cesión esténdese a calquera material audiovisual ou fotográfico realizado durante o evento, podendo ser empregado pola organización ou por terceiros aos que esta lles ceda os dereitos, con fins promocionais, informativos ou comerciais relacionados coa proba ou con futuras edicións da mesma.

En caso de non aceptar esta cesión, o/a participante deberá comunicalo expresamente por escrito á organización antes da celebración da proba.

Aceptación do Regulamento

O feito de facer a inscrición implica que todos/os os/as participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización recollidas neste Regulamento, así como a aceptación de que o nome e apelidos do/a inscrito/a figure na páxina web do evento.

A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento previo aviso ós participantes no correo electrónico facilitado na inscrición e a través da web www.itrekkers.org.

Política de privacidade e protección de datos.

Cláusula informativa para participantes.

Información básica sobre protección de datos:

Responsable: CLUB DEPORTIVO INTERNATIONAL TREKKERS BARBANZA SAR

Finalidade: Xestionar os datos dos participantes na proba, incluíndo a súa inscrición, participación e posibles incidencias. Ademais, utilizaranse para enviar información e invitacións a novos eventos organizados polo club.

Lexitimación: O tratamento dos datos baséase no consentimento do interesado, outorgado mediante a inscrición na proba.

Destinatarios: Prevese a cesión de datos a entidades colaboradoras na organización do evento, patrocinadores, aseguradoras, usuarios da web, redes sociais, así como á Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME) e á Federación Galega de Montañismo para a xestión administrativa ou comercial relacionada coa proba. Non se prevén transferencias internacionais de datos.

Dereitos: En calquera momento, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos seus datos, enviando unha solicitude por correo electrónico a 2026@itrekkers.org. Así mesmo, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se considera que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa vixente.
Procedencia: Os datos obteñense directamente do interesado ou, no caso de menores de idade, do seu representante legal.

En caso de non aceptar o tratamento dos seus datos para as finalidades indicadas, o/a participante deberá comunicalo expresamente á organización antes da celebración da proba.

 

 

¿QUEN SOMOS?

O Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar (ITBS), é un club de montañismo composto por entusiastas das bisbarras do Sar (concellos de Padrón, Rois e Dodro) e do Barbanza (concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Lousame, Ribeira e Porto do Son). O club foi fundado en 2013 para poder organizar e xestionar a primeira proba en Galicia de ultrafondo (100 km en 24 horas).

Os ITBS está composto por fondistas con moita experiencia en probas de ultrafondo, sendo moi habitual a súa presenza en andainas de 50km pola xeografía galega e norte de Portugal. Son uns habituais na Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo

VOLUNTARIOS

Para poder sacar adiante unha proba destas características necesitamos voluntari@s para controlar, cronometrar, avituallar, repartir dorsais, axudar á organización,…

Contactaremos contigo para ver como nos podes axudar e intentaremos que o poidas pasar en grande.

Moitas grazas pola túa participación. Todos xunt@s faremos de Os 100 un gran evento e @s participantes levaranse un recordo inesquecible das nosas costas e montañas.

Buscamos xente que queira participar en esta experiencia e axude a xente a facer os 100KMs.

CÓMO:

Na saída e na chegada
Nos avituallamentos
Nos controis de paso
Persoal asistencial
Outra maneira de vivir os 100, de participar en eles, de vivir a experiencia.

Se es un deles, APÚNTATE!!!

Envíanos un correo a 2026@itrekkers.org

COLABORADORES